Entrevista | Juan Andrés Fernández Escritor
«O relato breve é o formato no que mellor me expreso»
O historiador e escritor Juan Andrés Fernández volve a sorprender cun novo traballo literario. Despois de cultivar o formato académico e divulgativo durante anos e de adentrarse tamén na literatura infantil, volve co título ‘O Cabo do Mundo’, unha obra onde resulta todo un reto diferenciar ficción de realidade.

O escritor Juan Andrés Fernández. / Andrés Fernández
O escritor estradense Juan Andrés Fernández presenta o seu novo libro de relatos o xoves 12 ás 19.30 horas no MOME. A obra conta cun prólogo do académico Juan Blanco Valdés e unha suxestiva ilustración de portada da artista María Mejide, así como a edición de Dina Moreira. Así pois, en FARO aproveitamos a ocasión para conversar co autor sobre esta nova aventura narrativa.
—Fáleme deste novo libro. Que nos pode contar de Cabo do mundo?
—É un conxunto de algo máis de vinte relatos curtos e contos que son estilos narrativos prácticamente idénticos. Nel podemos atopar de todo, dende o realismo, ao realismo fantástico, fantasía pura, ou textos relacionados coa natureza, entre outros. É unha colección moi heteroxénea, moi distinto. O único factor que os une a todos é o formato.
—Trátase dunha recopilación de textos xa escritos, ou que comezou a crear para este proxecto?
—Non os tiña escritos, escribinos ex profeso para esta colección. Digamos que este formato é o que mellor se adapta a min, ou no que eu mellor podo expresarme. A novela é un xénero longo, para min, á hora de escribilo. Paréceme incluso tedioso.
—Por que o título de Cabo do mundo?
—Falar dun título é unha cuestión difícil e complexa. Por iso eu boto días pensando e dándolle voltas. A través del o lector fai unha proxección mental do que atopará no contido. Concretamente esta é unha pequena frase que hai nun dos relatos, que se chama Noé. No que o personaxe central di que lle gusta vivir en lugares desde onde se alvisque o cabo do mundo. Proxectando unha mirada en distancia e en extensión. Isto é un pouco o que facemos todos, proxectar as nosas miradas sobre que acontece no mundo, sobre os outros. En canto aos títulos de cada un dos relatos procurei que tivesen algunha relación e desen algunha pista sobre o contido. Son incapaz de escribir un relato sen antes ter un título. Unha vez o teño, xunto coa idea, é cando empezo a desenvolver o resto.
—Previamente tamén escribiu un libro de literatura infantil, chamado Contos para Eliot. En cal dos xéneros se sente máis cómodo?
—Eu síntome cómodo nos dous estilos, pero é certo que escribir para nenos pequenos restrínxete moito máis. Debes elixir moi ben o temario, pensando sempre en cousas que a ese público lle poida interesar. Ficción literaria, todas estas cousas desaparecen. Mentres que para maiores é máis flexible. Están lendo o texto persoas que teñen criterio, que saben o que lles gusta escollen segundo os seus intereses.
—Diría que a súa traxectoria como autor de textos divulgativos e académicos históricos axuda á hora de poñer en marcha a súa creación literaria?
—Definitivamente hai un vaso comunicante, xa que hai varios relatos que están relacionados con temas históricos ou que a acción deles desenvólvese en épocas pretéritas. E aí é onde está realmente o nexo: na miña paixón pola historia, aínda que tamén hai contos que non teñen esas resonancias. Custa discernir entre a ficción e a realidade, danse situacións atípicas é como un tubo de ensaio cos personaxes, ter que enfrentarse a cousas máxicas e maravillosas.
—Pódenos adiantar algo sobre algún dos contos?
—Hai un, por exemplo, que titulo O Cadro Inclinado, no que o protagonista se dá conta de que un dos seus cadros se inclina por si mesmo, todos os días á mesma hora. Sorprendido, como é lóxico, chama a un grupo de amigos para estudar as posibles razóns deste acontecemento. Cada personaxe responde á situación en base ás súas crenzas, da súa forma de entender a vida. É un conto coral. E non desvelo nada máis que non quero facer spoiler.
—Para rematar, hai algún autor que o inspirase para este libro?
—Como digo sempre, na literatura non se inventa nada. Ao final todos os escritores, de forma inconsciente, se ven influenciados por aqueles outros que leron, e os seus traballos. Porén, nesta coleción de relatos hai algún que si cita expresamente a outros escritores. Por exemplo, escribo un dos textos partindo dunha frase de El perseguidor de Julio Cortázar, e nese senso si hai intertextualidade.
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Ilaix firma por cuatro temporadas
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes