Cen anos de festa en Saídres

A parroquia de Silleda ultima os preparativos da súa festa patronal de San Xoán, que terá lugar os días 21 e 22 de xuño.

Será unha celebración moi especial, pois cúmprense cen anos do primeiro cartel do que se ten constancia na parroquia: «Grandes fiestas religiosas en honor a la Virgen del Carmen los días 27 y 28 de junio de 1925».

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Silleda

Grandes fiestas religiosas en Saídres que, en honor a la Stma. Virgen del Carmen, se celebran los días 27 y 28 de junio de 1925. Así reza un cartel que conserva un veciño desta parroquia de Silleda e do que tamén hai copia enmarcada no teleclube.

A comisión de festas decidiu facer algo especial para conmemorar o centenario da súa primeira festa documentada, aínda que, curiosamente, non dedicada ao patrón da parroquia, San Xoán.

Cen anos de festa en Saídres

Cen anos de festa en Saídres / Cedida

«Non encontramos quen nos dera explicación de por que se dedicaba á Virxe do Carme. Tamén se acostuma celebrar o Corpus, que este ano xa cae o domingo da festa. Pero o do Carme...», relata Paula Fernández García, unha das catro integrantes da comisión. Canda ela están Gonzalo Filloy López, Ángel Castro Temes e Elena Areán López, coa axuda de Roi Rodríguez Areán para mover o cartel polas redes sociais e na barra. Por certo, anuncian as copas a 4 euros.

Imaxe datada a mediados do século XX. |  Cedida

Imaxe datada a mediados do século XX. | Cedida

Dada a rareza que supón contar cun documento das festas dun século atrás, acordaron facer un cartel doble –xuntando o de 1925 co de 2025–, a modo de recordatorio e para colocar en establecementos colaboradores ou nos taboleiros de igrexas. De paso, iniciaron unha recopilación de fotografías antigas a través do grupo de veciños que teñen en WhatsApp e barallan expoñelas nunha balda no campo da festa e despois no centro social, do que, precisamente, está aprobada unha reforma integral por parte do Concello de Silleda.

A comisión de festas 
mostra o cartel especial 
feito polo centenario. 
|  Bernabé/Javier Lalín

A comisión de festas mostra o cartel especial feito polo centenario. / Bernabé/Javier Lalín

Saídres estará de festa a fin de semana do 21 e 22 de xuño. O sábado, ás 12:30 horas, haberá misa na honra de San Xoán e San Antonio. Na sesión vermú actuarán Xirandola e a charanga Ardores, que repetirá na verbena xunto ao dúo En Clave de Ti e o DJ Calwin. E o domingo, misa de Corpus ás 13 horas e sesión vermú a cargo da Banda Artística de Merza, que repetirá á noite canda o dúo Punto Zero.

Banda de Merza

A presenza da Artística non é casualidade, pois tamén figuraba no cartel de 1925: «A las seis de la tarde hará su entrada la afinada banda de música de Merza, tocando hermosos pasodobles». «Tiñamos claro que iamos falar con eles, facíanos moita ilusión e estiveron encantados de vir», subliña Paula. Na verbena do 22 conmemorarase o centenario daquela actuación.

Un grupo de homes coa taberna 
de Armando ao fondo. |  Cedida

Un grupo de homes coa taberna de Armando ao fondo. | Cedida

Prosa da época

Paga a pena reproducir a florida prosa rubricada pola «comisión de festejos» da época: «A las doce en punto de la mañana habrá repique de campanas y se disparará una salva de doce bombas (...). A las nueve, vísperas cantadas. A las diez globos aerostáticos y especialmente fuego de aire de gran novedad, preparado por el acreditado pirotécnico Sr. Pérez de Silleda». «En la aurora de la mañana se saludará la Santísima Virgen María del Monte Carmelo con repique de campanas y gran multitud de bombas», arranca o programa da segunda xornada, na que «ejecutará escogidas piezas la banda merciana, dirigida por D. Rogelio Otero».

O párroco de entón era Gumersindo López Castro, que daría misa solemne ás 11. E, a partir das 4 da tarde, anunciábase «baile campestre» amenizado pola banda. «Y al anochecer se quemarán modernos fuegos artificiales, terminándose las fiestas con un disparo de bombas», remarca o vello reclamo. Unha nota ao pé deixa constancia de que as festas serán costeadas polos veciños da parroquia «y demás hijos de Saídres en Buenos Aires».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents