Sés incorpórase a un Noceda Rock que estrea xantar
Completan o cartel Loita Amada, Marela, Seitura, Manu KasoAparte, Factoría de Subsistencia e Bestas | Arranca o 14 co Aberto de Billarda

Integrantes da Asociación Cultural Bolarqueira mostran o cartel na paraxe natural do festival.

Chega o mes de xuño e con el unha cita ineludible no rural: o Noceda Rock, que alcanza a súa novena edición, un festival que sigue apostar por achegar a cultura e música galega ao rural. Coma todos os anos, a Asociación Cultural Bolarqueira pon en marcha, nesta ocasión o 14 e 15 de xuño, un festival para o goce de todas e todos .
Este ano comezará a tarde do sábado co II Aberto de Billarda ás 17:00 horas. A música na Carballeira de Lamas empezará a soar ás 20:45 horas coas actuacións de Sés –última incorporación revelada dun cartel que se fora dando a coñecer aos poucos–, Loita Amada, Marela e Seitura. Ademais, nos cambios de grupos haberá actuación de Manu KasoAparte.
A xornada do domingo arrancará con sesión vermú a cargo de Factoría de Subsistencia, liderada polo actor Josito Porto. Unha vez rematada a actuación e, como novidade, terá lugar un xantar popular no que todas as persoas que queiran participar poden retirar a súa entrada en Panadería Casa Vales, Taberna Alola ou no mail xuventudebolarqueira@gmail.com. O menú estará formado por empanada, churrasco mixto, postre, café e licores, cun prezo de 26 euros para adultos y 15 para os nenos.
Xa pola tarde, o Noceda Rock Miúdo ofrecerá xogos a cargo de Sororas e o espectáculo infantil de Peter Punk. O peche do festival terá como protagonista ao grupo de punk-folk Bestas.
Ademais das propostas de food-truck, o propio festival conta cun espazo de artesanía. Como cada ano, tamén se poderá adquirir merchandising para colaborar coa organización do festival. «En definitiva, teremos unha fin de semana repleta de actividades para dinamizar a aldea e o rural, nunha contorna privilexiada como é o espazo natural da Carballeira de Lamas», apuntan desde Bolarqueira.
Festa campestre da Pascuilla de Lamas o vindeiro sábado
Unha semana antes do festival de rock, o vindeiro sábado, 7 de xuño, a mesma carballeira da parroquia de Noceda acollerá a tradicional festa campestre da Pascuilla de Lamas. Haberá misas ás 11:00 e ás 12:00 horas, coa liturxia solemne ás 13:00, mentres que a novena, que comezou o pasado venres 30 de maio, celébrase diariamente ás 21:00 horas. O programa festivo conta coas actuacións musicais da Banda Xuvenil de Lalín, a charanga Los Verbeneros, o dúo Trasnos, Mekánika Rolling Band e DJ Smile. A celebración está organizada pola Asociación de Veciños Bolarqueiros de Noceda, que informa da existencia de servizo de pulpeiro.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Alumnos sin disciplina que no se esfuerzan ni respetan al docente tensionan las aulas
- El truco de limón para dormir bien: así es como esta fruta te ayudará a luchar contra el insomnio
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- Dimite en bloque la ejecutiva del PSOE de Salceda y sus dos concejales por desavenencias con la agrupación provincial
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?