Festur medra e amosará o atractivo de 60 festas de interese turístico
Es el mayor número de celebraciones con este reconocimiento desde su creación

Citas dezás, motivos florais en Burela. A Asociación Cultural Burela Floral dedicou ás festas gastronómicas varias alfombras elaboradas con motivo das celebracións patronais da localidade lucense. Entre as citas representadas están a Feira do Cocido de Lalín e a Festa da Paella de Cortegada (Silleda).
REDACCIÓN
A XI Feira de Festas de Interese Turístico (Festur 2025) celebrarase do 5 ao 8 de xuño conxuntamente co salón Turexpo Galicia e de forma paralela á 47ª Semana Verde de Galicia. Nesta edición reúne 60 festas de interese turístico das catro provincias galegas, a maior cifra dende a posta en marcha deste certame, en 2014.
Estas festas de interese turístico, con recoñecemento de carácter internacional, nacional ou de Galicia, están presentes a través de 45 concellos e xeodestinos. Parte deles realizarán actividades tanto nos seus stands como nunha área común da feira, con degustacións ou exhibicións.
Entre as citas presentes figuran desde a Romaría Vikinga de Catoira, o Naufraxio de Laxe, as Carrilanas de Muros ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira ata a Feira do Cocido de Lalín, a Rapa das Bestas, as festas da troita de Oroso e A Pontenova, do Galo de Curral de Vila de Cruces ou a da Castaña e Filandón de Músicas de Folgoso do Courel, por citar só algunhas. Tamén haberá exhibicións das palilleiras de Camariñas e dos Xenerais da Ulla da Bandeira (Silleda) e de Fao e Bama (Touro), mentres que O Corpus de Ponteareas elaborará unha das súas alfombras.
Ademais, levarase a cabo o showcooking Festa do Queixo de Arzúa, a cargo do chef Diego Mato Castro, e haberá degustacións de xamón da Cañiza, pataca de Coristanco, carneiro ao espeto de Moraña, pan de Cea, empanada da Bandeira e tortilla de Laro, así como do Asalto ao Castelo e Faguía do Carnés, de Vimianzo, da Pescada do Pincho de Celeiro e de Viveiro, e de Bonito de Burela.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- Hallan en el pantano de Portodemouros el cadáver del vecino de Arnego desaparecido el sábado
- Una viguesa, «asombrada», tras descubrir que un bar de Pizarro no admite mascotas en su terraza: ¿es legal?
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Vigo prende San Juan: todas las hogueras, fiestas y sardinadas de 2025
- William Arias, médico, advierte: esto que tomas a diario en España dispara el riesgo de hígado graso
- El Celta ficha a Jutglá por algo más de 5 millones