Epílogo cantareiro

Lalín e Silleda pechan con recitais e bailes o mes das Letras Galegas

Participantes no recital de 
Lalín. |  Bernabé/Javier Lalín

Participantes no recital de Lalín. | Bernabé/Javier Lalín

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Lalín/Silleda

Recitais poéticos e cantos e bailes tradicionais pecharon onte o mes das Letras Galegas en Silleda e Lalín. Ambos concellos centraron a súa oferta cultural de maio en torno á celebración do día 17, adicada este ano ao legado das cantareiras e a tradición oral.

Vermú de cantareiras, onte, na 
Praza Siñor Afranio de Silleda

Vermú de cantareiras, onte, na Praza Siñor Afranio de Silleda

Así que todo o protagonismo foi para elas onte en Silleda. O salón de actos da casa consistorial acolleu pouco antes do mediodía o obradoiro Sementando a recollida, sobre patrimonio oral. Foi conducido por Nerea Fiuza e Marita e Maite Casal, de Xirandola, e contou coa asistencia dunhas corenta persoas. Os actos remataron cun vermú de cantareiras na Praza Siñor Afranio, no que no faltaron os bailes.

A Polifónica Trasdeza en 
Carboeiro. |  Bernabé/Javier Lalín

A Polifónica Trasdeza en Carboeiro. | Bernabé/Javier Lalín

As actividades culturais de Silleda retomáronse a media tarde cunha nova edición do festival Voces de Carboeiro. A igrexa do mosteiro acolleu o festival organizado polo Coro Vales Mahía, que tivo como invitadas ás corais polifónicas Trasdeza e de Salcedo, coa participación de A Cova das Letras.

Lalín pechou maio cun recital de poesía no Parque Ramón Aller. Participaron Xosé Manuel Lobato, Charo Golmar, Manuel Núñez Fiúza, Avelino Jácome e Luis G. Tosar, con acompañamento musical do cantautor Manoele de Felisa. A literatura galega tomou corpo na voz dos seus autores nun acto íntimo e colectivo ao mesmo tempo, que quería poñer en valor a palabra como expresión artística, ferramenta de pensamento e elemento transmisor de identidades.

Tracking Pixel Contents