A ciencia en Lalín tamén se escribe en feminino
Lalín converteuse na capital galega da ciencia coa cuarta edición de A ciencia que vén ten nome de muller, unha expo-feira científica organizada pola UVigo , que se celebra por primeira vez fóra das cidades que acollen os seus campus. O evento desenvolveuse no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero.

Bólido da Universidade de Vigo. | Bernabé/Javier Lalín

Preto de 30 obradoiros, stands interactivos, coloquios, espectáculos e actividades artísticas, coordinados por preto de 25 grupos de investigación, conforman a programación dun evento que arrancou coa visita de preto de 240 estudantes de sete centros de ensino de Lalín e pola tarde abreu as súas portas ao conxunto da cidadanía. A ciencia que vén ten nome de muller. Este é o lema da exposición que trouxo onte a UVigo á capital da bisbarra dezá.

Nenas no Xogo do Salmón. | Bernabé/Javier Lalín
Con actividades tanto nos espazos exteriores como interiores deste edificio sociocultural, a actividade ten como obxectivo achegar a ciencia á cidadanía, promover vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, e visibilizar o papel das mulleres investigadoras da Universidade de Vigo. Organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo, a feira insírese dentro das actividades do programa Ciencia de Ida e Volta e conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello de Lalín.

A expresión artística tamén foi protagonista. | Bernabé/Javier Lalín
Procedentes dos CEIP Varela Buxán, Xesús Golmar, Manuel Rivero, Xoaquín Loriga de Prado e Vicente Arias de la Maza, Scientia e IES Ramón María Aller Ulloa, preto de 240 estudantes de primaria e secundaria participaron nas en visitas guiadas pola feira. Dirixido a que puidesen descubrir a ciencia desde unha perspectiva divertida e próxima, este evento permitiulles gozar con propostas como o xogo do salmón ou outro centrado na fisioloxía dos peixes, da man de investigadoras e investigadoras do CIM, así como de experimentos sobre alimentación sostible ou sobre reaccións químicas e de actividades coas que exploraron os segredos da criptografía ou os usos das cámaras termográficas.
Este abano de obradoiros e actividades permitiu tamén aos e ás visitantes tocar réplicas de microfósiles, afondar nas aplicacións das xeotecnoloxías ou nas alternativas para a eliminación de contaminantes nas augas, da man de diferentes grupos do Cintecx, así como ver de preto o monopraza de UVigo Motosport, construído polo propio alumnado, ou os prototipos de material espacial achegados por investigadores de atlanTTic.
O alumnado de secundaria participou tamén en dous obradoiros: un centrado na desinformación, no que aprenderon a detectar noticias falsas e contrastar fontes; e outro sobre ferramentas para exercer unha cidadanía crítica, ética e comprometida co desenvolvemento inclusivo.Oodo o estudantado pudo asistir ao espectáculo de danza contemporánea A conectividade que nos move, que afonda na interdependencia ecolóxica a través do movemento e a expresión artística.
Xa pola tarde houbo actividades coma unha exposición itinerante contra a desinformación, un mural colaborativo sobre sostibilidade nos centros educativos ou un punto de troco de obxectos. Obradoiros sobre as aplicacións das matemáticas, a creación de libros de artista ou antigas técnicas de escritura formaban parte tamén dunha programación que se ve complementada por faladoiros e presentacións.O broche finalfoi o espectáculo teatral Elemental, protagonizado por Manuel Vicente, César Goldi e Juanjo Fernández, que mestura ciencia, humor e música. A charla de clausura Fala que sente: percibindo emocións a través da melodía das linguas correu a cargo de Rosalía Rodríguez.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro