As Letras seguen en Lalín: recitais de poesía, teatro e literatura

REDACCIÓN

Lalín

Lalín vivirá esta fin de semana unha intensa programación cultural centrada na celebración da literatura galega e das artes escénicas. Mañá ás 21:00 horas, o Salón Teatro acollerá a representación da obra O que hai que ver!, da compañía Fulano, Mengano e Citano. As entradas teñen un prezo de 5 euros. A proposta mestura algúns dos mellores sketchs do grupo con escenas novas e cancións orixinais cargadas de ironía.

A programación continúa o sábado pola tarde cun recital de poesía no parque Ramón María Aller, que comezará ás 18:00 horas. Participarán poetas como Xosé Manuel Lobato, Charo Golmar, Manuel Núñez, Avelino Jácome e Luis G. Tosar. O acto contará co acompañamento musical do cantautor Manoele de Felisa. Ademais, ata o sábado poderá visitarse na Biblioteca Municipal unha exposición dedicada ás escritoras e escritores galegos.

Tracking Pixel Contents