Notas que unen xeracións na Estrada

A fin de semana entrou cargada de actividades de lecer para todas as idades e gustos musicais, dende o tradicional aos sons electrónicos

Asistentes ao Manguelo 
Folk de Orazo.

Asistentes ao Manguelo Folk de Orazo.

A Estrada

A Estrada viviu esta fin de semana unha auténtica celebración da música en todas as súas formas, nunha programación cultural e de lecer que puxo en valor tanto a tradición como a innovación, con eventos pensados para públicos diversos pero cun denominador común: o son como motor de encontro, participación e identidade.

A mocidade desfrutando co 
Latexo Fext.

A mocidade desfrutando co Latexo Fext.

En Orazo, o Manguelo Folk confirmou a súa consolidación como unha das citas imprescindibles da música tradicional na comarca. A xornada comezou con actividades para todos os públicos, dende xogos tradicionais ata un obradoiro de baile galego, e rematou cunha noite de foliada. Dende a Asociación Coto Manguelo, Icía Diéguez, subliña a satisfacción da organización: «Contamos coa participación de moita xente, especialmente nenos. A festa estendeuse ata a noite e estivemos aforo completo, tanto no pulpeiro como na carpa. Estamos moi satisfeitos».

Pandeireteiras de Tamparrantán 
actuando en Berres.

Pandeireteiras de Tamparrantán actuando en Berres.

A festa tamén tivo unha dimensión de memoria e cultura local na parroquia de Berres, no marco do Ano Cultural Avelina Valladares, promovido en honra á figura da autora galega. O domingo, o teleclube acolleu unha actividade que combinou unha exposición documental sobre o Día das Letras Galegas de 1970, dedicado a Marcial Valladares, cunha actuación musical do grupo Tamparrantán, que tamén presentou unha mostra comentada de traxes tradicionais. Pilar Bernárdez, de O Recuncho da Lingua, destacou o apoio da veciñanza: «Estaba o local cheo de veciños».

A nota máis contemporánea chegou co Latexo Fest, un evento pensado para a mocidade e que se estendeu ata altas horas da madrugada na Praza do Concello. A programación incluíu a artistas como Vilu Gontero, Groove Amigos, Carlos López e Pedro VR, ofrecendo unha proposta musical urbana de gran calidade e cunha produción que aspira a situarse á altura de grandes

Tracking Pixel Contents