Festa literaria no Teatro Principal
A XII festa das palabras celebrarase o vindeiro mércores 28 no Teatro Principal da Estrada, onde se premiarán 62 textos de rapaces e rapazas de todos os centros do municipio, nun acto que contará coa madriña, a estradense Rosa Sánchez Aríns, e o grupo musical O Regueiriño de Lamas.

Presentación do cartel da XII festa das palabras no Concello da Estrada. | S. P.
Samuel Pernas
O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro mércores 28 de maio unha nova edición da Festa das palabras, unha iniciativa xa consolidada que vai pola doceava edición e que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado de todos os centros educativos do municipio.
Representantes dos equipos de dinamización lingüística de todos os colexios, que integran a plataforma Dinamizastrada, organizadora do evento en colaboración co Concello, foron os encargados de presentar o evento xunto á concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.
A dinamizadora do IES Avelina Valladares, Mónica Mato, explicou que a Festa das Palabras supón o colofón dun proceso colectivo que parte dun concurso literario de micropoemas e microrrelatos en galego no que participa todo o alumnado, dende Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Este ano, os participantes tiveron que crear microrrelatos coa palabra «pandeireta» e micropoemas coa palabra «pobo», escollidas polos propios estudantes no primeiro trimestre e ligadas ao espírito das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á música popular galega. No segundo trimestre, recolléronse os textos elaborados polo alumnado e escolléronse os 62 textos premiados, un por categoría e centro, que serán publicados nun libro colectivo que se entregará o propio mércores. O volume inclúe tamén 14 ilustracións elaboradas polo alumnado de infantil, que, malia non participar na creación literaria, contribúen a través do debuxo a dar vida ás palabras escollidas.
O libro conta cun prólogo asinado pola madriña da edición, Susana Sánchez Aríns, quen foi elixida pola súa forte vinculación ca vila a través da súa infancia no Foxo, que fará unha intervención especial ese día. Tamén colaborou co deseño dunha fermosa portada a artista estradense Rosa de Cabanas, quen leva anos colaborando con esta iniciativa.
A festa das palabras comezará ás 20.00 horas no Teatro Principal da Estrada. O acto será conducido por dous alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, e contará coa música do grupo O Regueiriño de Lamas.
A gala comezará ca intervención da madriña; logo será a entrega do premio de micropoemas, e despois terá lugar a entrega aos mellores microrrelatos. Pecharase cunha intervención institucional por parte do Concello, e intercalando estas e como remate, haberá tres actuacións musicais.
María López Álvarez, coordinadora de Dinamizastrada e docente no IES Manuel García Barros, salientou o carácter transversal da iniciativa, que «implica a todos os centros, pero tamén ás familias, institucións e á veciñanza en xeral»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»