Aberto o prazo para a aula de pandeireta

O vindeiro sábado, día 24, celebrarase na praza Siñor Afranio de Silleda un obradoiro de pandereita impartido por Nerea Fiuza, acompañada dalgunhas integrantes de Xirandola, unha das formacións onde é mestra. A cita, aberta a todo o público interesado, será ás 11:30 horas. Para asistir recoméndase anotarse chamando ao Concello (986 580000) ou ben enviando un mail a cultura@silleda.gal. Fiuza será, ademais, a encargada de impartir o obradoiro sobre recollida que chegará o sábado 31 xunto co vermú das cantareiras, actividade coa que remata a programación municipal das Letras Galegas.

Tracking Pixel Contents