«Luces e sombras» de Leticia Rey
A artista cruceña lanza o primeiro sinxelo de Danza Luz, que sairá ao mercado en setembro

Leticia Rey. / Gosia Trebacz
Coincidindo co seu 30 aniversario, Leticia Rey lanzou o pasado 17 de maio Na Sombra, o primeiro sinxelo do que será o seu novo proxecto discográfico: Danza Luz. Trátase dun tema que marca un xiro na súa traxectoria e que afonda nas sombras internas e externas coas que convivimos. A canción, nacida dunha longa etapa de reflexión e procura persoal, é a porta de entrada a un universo máis íntimo e maduro no que se mergulla tanto a nivel sonoro como emocional.
Rey, que se deu a coñecer en 2020 tras gañar o concurso de talentos galegos de Estudios Mans e a Fundación Paideia, comezou o seu camiño con forza. Aquel premio levouna a gravar un EP acústico, Leticia Rey, no que só voz e guitarra eran necesarios para emocionar. Aquel primeiro traballo abriulle as portas de escenarios como o Sinsal na Illa de San Simón ou o Salón Teatro de Compostela.
O paso seguinte foi Lux (2022), un disco rexistrado nunha sesión en directo sen que a banda soubese que estaba a ser gravada por pistas. Unha aposta arriscada que resultou ser unha poderosa carta de presentación para unha artista que combinaba jazz, soul e letras en inglés cunha autenticidade pouco común. Aínda así, entre eses sons agromaba unha semente nova: Baleiro, a súa primeira canción en galego, que sinalaba o desexo de abrir un novo camiño creativo.
Ese camiño toma forma agora con Danza Luz, un proxecto que continúa madurando mentres a xira de Lux aínda percorre escenarios —este verán, por exemplo, poderá verse en Ortigueira—. Danza Luz nace como un proceso artístico máis amplo, que vai máis alá da música. O punto de partida, Na Sombra, é froito da busca de identidade, unha especie de catarse sonora que marca a dirección do disco previsto para setembro.
Un traballo colectivo
A dirección musical está en mans do tecladista Iago Mouriño, tamén presente en Lux, quen contribúe a dar forma ás composicións e a convocar novos colaboradores. Entre eles, Benxamín Otero, músico lalinense que achega instrumentos de vento —como o corno inglés, protagonista do single—, e Vadim Yukhnevich, acordeonista e compositor bielorruso afincado en Galicia desde hai anos.
Pero Danza Luz é tamén unha creación colectiva onde conflúen voces femininas. Viveka Goyanes deseña o vestiario, Elvira Saldaña encárgase da confección das pezas, Estefi Gómez guía o traballo corporal e escénico, mentres que Gosia Trebacz capta a imaxe do proxecto e María Maquieira se ocupa de toda a arte gráfica do disco. A gravación está nas mans do enxeñeiro de son Jose García e da masterización encárgase Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro de Friol. Con Danza Luz, Rey propón un proxecto coidado, honesto e cheo de emoción, onde a música se entrelaza co movemento, a estética e a exploración interior.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro