A voz da regueifa escolar
O alumnado do Camballón recibirá un premio en Santiago

Alumnado do Camballón que participa na xornada regueifeira.
O IES Marco do Camballón representará a Vila de Cruces esta fin de semana no que xa se consolidou como o evento escolar máis importante arredor da regueifa e da improvisación oral en verso. A cita reúne en Santiago de Compostela a máis de mil estudantes chegados de centros de toda Galicia e tamén do País Vasco, a través do IES de Arratia. A programación arrinca hoxe cun convivio no albergue do Monte do Gozo, que combinará actividades lúdicas con formación arredor do repentismo. O alumnado participará en obradoiros, grupos de traballo sobre lingua e regueifa, e tamén nunha foliada aberta na que actuará o grupo cruceño As Estraloqueiras, formado por alumnas do propio centro.
O punto álxido da celebración chegará o luns no Auditorio de Galicia, cunha gala que conmemora os dez anos do Proxecto Regueifesta e acolle a entrega de premios do certame Enreguéifate. O alumnado do Camballón terá un papel destacado no espectáculo. Interpretarán unha peza recollida da regueifeira Eva Castiñeira —homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas—, regueifarán cunha base electrónica do produtor Peter Petrowsky e disputarán unha controversia en directo. Ademais, recibirán o premio á regueifa máis reivindicativa por Altri non, Mina non.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro