Entrevista | Jorge Mira Físico
«O radón é a segunda causa de cáncer de pulmón»
O mediático catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira, falou onte en Lalín dos riscos da exposición ao gas radón. Tamén expuxo as diferentes solucións de redución e mitigación dispoñibles, tanto as de baixo custe como os casos de recorrer á obra civil nas casas.

Jorge Mira co alcalde, José Crespo. / Bernabé/Javier Lalín
O polifacético Jorge Mira ofreceu onte na capital dezá unha conferencia titulada 'Contaminación por gas radón: riscos e solucións', no marco do II Ciclo de Conferencias sobre Saúde. A charla tivo lugar no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero de Lalín.
—Que papel xoga nas nosas vidas un gas como o radón?
O radón é algo que é moi prevalente en Galicia. Trátase dun gas. A relatividade normalmente asociámola a materiales nucleares típicos como o uranio ou o plutonio, que son fontes sólidas e que poden ser moi perigosas. O radón é algo distinto porque é gaseoso, estamos a falar dun gas nobre e por iso en Lalín quero explicar o de o por qué é un gas e polo tanto pódelo respirar e tragalo. Iso é un pouco o risco que ten, non é algo que está aí pousado no chan porque é un gas que o podes respirar
—É fácil atopalo en Galicia?
Por suposto. De feito, Galicia é a zona de toda España que ten máis radón porque ven dunha cadea de descomposición do uranio. As rochas prevalentes no chan galego teñen unha densidade alta de uranio. España é o segundo país por reservas de uranio en Europa. Galicia ten unha prevalencia alta e como che digo é a zona máis afectada do territorio español.
—Semella que os galegos non estamos moi avisados.
Bueno, eu creo que sí. Hai cada vez máis campañas e sobre todo agora a diferencia e que entrou unha nova normativa europea e que está activa. Entón, xa empeza a ter obrigas para vivenda nova e tamén para espazos de traballo. O que pasa é que a inmensa maioría da xente non está en ningún destes casos e, por suposto, non está obrigada a nada. Hai xente que ao mellor pois quere preocuparse e que se preocupa. Na conferencia de Lalín presentarei os indicios que hai para saber como de mal ou de ben está a tú casa
—Cales son os riscos de convivir cun gas como o radón?
O risco principal está nos nosos pulmones. O radón ao respiralo vai para o pulmón, e aí é donde emite radiación e fai dano. De feito, pénsase que o radón é a segunda causa de cáncer de pulmón despois do tabaco. A ver, é un parte moi pequena pero os datos están aí.
—Como hai que facer para reducir os niveis de radón?
Básicamente hai dúas aproximacións. A apoximación canónica implica facer obras do tipo de aillamentos, creación de cámaras de extracción ou facer un burato no chan para por un extractor. O que vou a propoñer eu é unha realidade máis lixeira que ten que ver coa ventilación das estancias dunha vivenda tipo. Hai franxas de radioactividade por radón que se non son demasiado altas podes ventilalas, nunca mellor dito, con ventilación intelixente sabendo que pautas tes que abrir e con que frecuencia tes que abrir na túa casa. Entón, con iso quedas tranquilo pois eu se fago isto que me dixeron esta xente podo librarme do problema. Como digo é algo moi sinxelo e penso que todos deberíamos ter en conta cando falamos das radiación do gas radón.
—A comarca de Deza é unha zona moi exposta ao radón?
Está máis ou menos como toda Galicia. Se ti ves o mapa do Consejo Nacional de Seguridad, que poñerei esta tarde (por onte) en Lalín, ves que prácticamente toda Galicia está afectada. Pode haber algunha zona que non está manchada nese mapa como pode ser na zona central de Santiago. Tampoco hai que velo por comarcas porque ti podes estar nunha casa que está enriba dunha zona fastidiada e a 400 metros estar outra casa que non ten nada
—E iso?
Porque depende de si tes a túa casa feita enriba dunha veta que teña máis ou menos uranio. Tócache unha veta que está cun mineral que ten máis densidade de emisión e a unha persona que ten a súa casa lonxe da veta e non lle pasa nada. Ou hai unha veta no chan polo que o radón se cola e ao mellor noutra casa que non ten a veta non lle toca
—As administracións están a facelo ben na prevención?
Eu creo que si. Dende que entrou a normativa periódicamente están advertindo do asunto. Tampouco hai que crear unha alarma e entrar en pánico. Estase movendo moito o tema. Dende estar en nada ata estar como de agora vai un mundo. Hai unha cousa tamén que sempre vou a salientar e que nas casas vellas antano non había problema co radón. Tiñan ventás de madeira e tiñan ocos polos que se filtraba o aire. As ventás fóronse cambiando por outras herméticas e nestas casas novas o radón entra pero non sae e acumúlase dentro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro