La Habana festexa o Día das Letras Estradenses

O presidente, Adriano Calvo (esquerda), con algúns membros.

O presidente, Adriano Calvo (esquerda), con algúns membros.

REDACCIÓN

A Estrada

O Día das Letras Estradenses celebrouse na capital cubana o pasado 14 de maio na Biblioteca Manuel Fraga Iribarne do Palacio Social do antigo Centro Galego, hoxe Gran Teatro de La Habana Alicia Alonso. O evento estivo dedicado nesta ocasión á poetisa estradense Avelina Valladares Núñez no bicentenario do seu nacemento, e foi auspiciado pola Sociedade «Hijos del Ayuntamiento de La Estrada», coa colaboración da bibliotecaria Mayara Pérez no marco das actividades realizadas aquí co galo das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular oral. O presidente da sociedade estradense, Adriano Calvo Alfonso, tivo a seu cargo as palabras de benvida e a condución da actividade na que foron proxectados audiovisuais sobre as homenaxeadas de este ano e outros sobre a vida e a obra poética de Avelina Valladares. No acto interviu telefónicamente o estradense Carlos Loureiro.

Tracking Pixel Contents