+Escénicas leva a Dozón un espectáculo infantil

+Escénicas chega ao concello de Dozón da man da Deputación co espectáculo infantil «Chafallas, a vendedora de fume», a cargo da compañía dezana A Cova das Letras, que o representará no CEIP Pío Cabanillas Gallas ás 16.00 horas .É un espectáculo familiar, especialmente infantil, que mestura a tradición do conto galego e portugués con técnicas como a dos monicreques.

Tracking Pixel Contents