Xornada especial no Museo Ramón Aller

O Concello de Lalín únese este domingo á conmemoración do Día Internacional dos Museos cunha apertura especial do Museo Municipal Ramón María Aller, en horario de 17:00 a 19:00 horas.As persoas asistentes poderán participar nunha visita guiada polas coleccións permanentes, afondando na vida e obra do destacado astrónomo e matemático Ramón María Aller Ulloa. Ademais, terán a oportunidade de gozar da exposición de Ehlaba Carballo.

Tracking Pixel Contents