A Xeración Nós revive nas aulas do Pintor Colmeiro
O alumnado rememorou a peregrinación a Santiago dun grupo de intelectuais galeguistas como Otero Pedrayo ou Vicente Risco

Alumnos de 1º da ESO durante a xincana, onte no IES Pintor Colmeiro. | Bernabé/Javier Lalín
A programación cultural do Concello de Silleda con motivo do mes das Letras Galegas, adicado cantareiras, continuou onte cunha xincana celebrada no IES Pintor Colmeiro, na que participou o alumnado de 1º da ESO. A actividade tivo como fío condutor o Camiño de Nós, unha ruta cultural que rememora a peregrinación a Santiago de Compostela realizada no verán de 1926 por un grupo de intelectuais da Xeración Nós.
Con esta proposta didáctica e lúdica, o Concello de Silleda busca difundir e poñer en valor esta ruta histórica, que pon en destaque o legado de históricos galeguistas como Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Todos eles formaron parte daquela marcha simbólica cara a Santiago, documentada polo investigador Xabier Pardo Bedía. Nesta actividade, o alumnado do instituto silledense participou nun percorrido con cinco probas nas que puideron descubrir distintos aspectos vencellados á ruta, incluíndo o patrimonio e o territorio locais.
A xincana organizada onte no IES tamén forma parte do conxunto de iniciativas promovidas polo Concello de Silleda para a difusión do Camiño de Nós, como a instalación de sinalización en varias parroquias —Parada, Laro, Oleiros, Cortegada ou Silleda, entre outras— ou a representación teatral celebrada no seu día no lugar do Foxo. Silleda integra o grupo de concellos polos que transcorre esta ruta cultural, que atravesa tamén os municipios de Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, A Estrada, Vedra, Teo e Santiago de Compostela.
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»