Sesión de maxia con Marcos Waldemar

O mago Marcos Waldemar actuará o 31 de maio no Salón Teatro de Lalín, a partir das 20:00 horas. Este ilusionista galego destaca pola creación de efectos máxicos utilizados por prestixiosos produtores e magos. Os seus libros e produtos comercialízanse en máis de 100 países, e conta cunha exitosa xira polos Estados Unidos. Ademais, é coñecido polas súas aparicións televisivas, quedando semifinalista en Got Talent.

Tracking Pixel Contents