Entrevista | Lidia de la Fuente Gañadora do Anisia Miranda de Teatro

«Unha linguaxe adaptada aos nenos no teatro é algo clave»

A viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor son algunhas das cualidades que salientou o xurado da cuarta edición do premio Anisia Miranda de Teatro Infantil que este ano recaiu na obra «O Tesouro» da licenciada en Humanidades, Lidia de la Fuente (Lugo, 1983).

Lidia de la Fuente adícase ao turismo cultural.

Lidia de la Fuente adícase ao turismo cultural.

Vila de Cruces

Lidia de la Fuente presentouse ao certame cruceño coa obra O Tesouro, que foi a proposta máis valorada polo xurado deste certame literario que leva o nome da muller do creador de Balbino. A galardoada autora lucense foi integrante de diferentes grupos de teatro afecionado e cofundadora da compañía de teatro Argalleiras, de Chantada.

-Satisfeita co premio?

-A verdade que si. Foi unha sorpresa e unha alegría moi grande. É o meu primer premio porque ata este abi non me animara a participar neste tipo de concursos.

-Que foi o que lle animou desta volta para presentarse?

-Pois, supoño que a paixón polo teatro porque dende adolescente participei en algún grupo de teatro. Despois retomeino xa de adulta e conxugábanse as dúas cosas, o moito que me gusta a literatura e o moito que me gusta o teatro. Entón, como che digo, animeime.

-Que quere contar nesta obra?

-Apetecíame reflexar por un lado a vida na aldea e como as veces chocan un pouco pois esa tranquilidade da aldea con un descubrimento de algo patrimonial de relevancia que provoca un choque entre a poboación do lugar e ese descubrimento e como xurde todo isto. Tamén apetecíame ver un pouco dende a perspectiva dos nenos, que están alí xogando, e non lle dan maior importancia ao que están facendo e de repente acontece que descubren algo súper importante. Quería que a obra tivera un pouquiño de enredo e sobre todo que houbera personaxes variados para facilitar a representación para os máis pequenos.

-Costa máis escribir teatro para nenos que para os adultos?

-A min a apetecíame escribilo sen infantilizar aos nenos no sentido de que eles podían forma parte dunha obra que podería ser perfectamente para adultos con outro enfoque, pero que eles comprendan perfectamente o que implica un descubrimento deste tipo, implícanse e valórano. Quero dicir, non infantilizar aos nenos senon que sexan parte, achegalo de xeito accesible para eles para que sexan parte. Tamén penso que algo importante é adecuar a linguaxe. Nese sentido, parecíame importante que a linguaxe fose o máis sinxela posible e non recargada con vocabulario complexo e retorcido. Penso que unha linguaxe adaptada a eles para min era a clave.

-Supoño que o Anisia Miranda fará que siga traballando na creación teatral pra nenos.

-Claro. Eu escribo poemas, contos e relatos aínda que ata agora de forma inédita porque ata este ano non me animara a participar en certámenes. Así que, moi contenta e anímome a seguir, claro que si.

-Que lle parece que o xurado valorase os diálogos e o uso inelixente dos recursos escénicos?

-É moi bonito. Sobre todo porque algo no que nos incidían moito cando estabamos a preparar unha obra de teatro era o feito de que todo elemento en escea ten que ter un valor real e un uso, non ter algo por ter alí simplemente, senon darlle uso ao espazo. Parecíame interesante tamén que houbera na escea como dous ambientes e que nalgún momento, aínda que algún dos dous fose o protagonista, ese outro ambiente teña a súa presenza. Outra cousa que sempre me pareceu moi interesante é a interacción co público dende o punto de vista do espectador. Non é o mesmo estar sentado case unha hora permanecendo quieto que nalgún momento te fagan partícipe. Iso tentei tamén introducilo para facer partícipe ao público.

-Coñecía a Fundación Neira Vilas de Gres?

-Non a nivel persoal de coñecelos a elos, non. Pero Memorias dun neno labrego por supusto é un dos libros que teño aínda na casa. Tamén Cartas a Lelo me parece moi interesante. Por iso toda esa chamada da aldea é algo moi interesante á hora de reflexalo na nos literatura porque é súper importante para todos nós. Agora mesmo estou nunha aldea da Terra Chá e o vexo en relación con Lugo cidade e as diferenzas que hai. Creo que tanto na obra de Neira Vilas como de Anisia pois está presente. Ademais, para min tamén é algo moi importante formar parte do grupo de gañadores como María Canosa, Ramón D. Veiga ou Francisco Antonio Vidal Blanco porque todos eles son autores moi sobresaíntes.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents