Entrevista | José Ángel Janeiro Soto Pescador
«A pesca é unha cuestión de fe, e nos seguimos crendo»
José Ángel Janeiro, veciño de Baloira de 58 anos, proclamouse campión na categoría de troita e reo no Torneo Internacional de Pesca de Salmón da Estrada, unha edición marcada pola escaseza de capturas e ausencia total de salmóns

José Ángel Janeiro, cunha das pezas que lle deu a victoria.
O Concurso Internacional de Pesca do Salmón en A Estrada rematou onte sen a pesca do anhelado campanu, pero iso non foi problema para o estradense José Ángel Janeiro, que conseguiu tres importantes pezas que lle brindaron o campionato fronte a 41 pescadores máis. Este veciño de Baloira leva pescando troitas dende neno, e aínda que recoñece que foi unha mágoa a escaseza de capturas e de que non houbese salmóns nesta edición, mostrábase ledo pola súa vitoria e polo ambiente co que desfrutaron os participantes.
-Parabéns polo título, campión no Torneo de Pesca de Salmón
-Si, aínda que hai que matizar. Celebrábase a 49ª edición do Campionato Internacional de Pesca de Salmón do río Ulla, pero quedou deserto porque non se capturou ningún salmón. Ao non haber capturas, puxeron en marcha por primeira vez un campionato paralelo de troita e reo, e foi aí onde resultei gañador.
-A que cree que se debe esta escaseza de salmón
-Non se sabe, pero non se pescou ningún. As condicións do río eran moi malas: moitísima auga, o río estaba impracticable, e o tempo tampouco acompañou, e iso dificultaba moito a pesca.
-A pesar diso, houbo ambiente de pesca ao longo dos dous días?
-Si, claro. Moita xente con ganas de pasar a xornada, porque para moitos a pesca é máis que capturar pezas. É xuntarse, compartir historias e gozar do día, e iso tamén é importante. Viñeron 10 asturianos ao concurso, que non faltan nunca.
-De todas formas, nunha xornada escasa, vostede logrou facerse co primeiro posto. Que pezas conseguiu?
-Pesquei un reo de 48,5 centímetros que pesou 1,415 quilogramos e dúas troitas máis.. Había outro concursante cun reo un chisco máis grande, pero como só tiña esa peza, e tamén pescara as troitas, quedei por diante.
-Foi unha xornada pobre en canto a capturas entón?
-Moi pobre, si. Había moitos participantes e moi pouca pesca, o 90% dos pescadores igual non foron capaces de conseguir nada. Calquera outro día fóra do concurso pescábase moito máis. Pero xa se sabe, isto vai por rachas e hai que ter sorte.
-Ten participado en máis edicións deste campionato?
-Si, en catro ou cinco edicións anteriores, aínda que antes era só para o salmón. Pero como nos últimos anos xa quedou máis dunha vez deserto, este ano fixeron tamén o de troita e reo.
-Comeza a preocupar a situación do salmón no Ulla?
-Creo que si. O río Ulla era moi salmoneiro, pero este ano non subiu ningún. Non se viu ningún salmón e non é só aquí, pasa en toda Galicia e mesmo en Asturias. E incluso cas troitas e reos, tamén hai menos cada vez.
-Cando empezou vostede con esta afección?
-Comecei a vir ás troitas con 8 ou 9 anos. Ao salmón non lle tiña moita afección, só o intentaba para o concurso, pero as troitas e os reos si, pesco habitualmente.
-Volverá o ano que ven a revalidar o seu título?
-Oxalá o ano que vén se dean mellores condicións e haxa máis salmón. Participar seguro participo, se hai saúde. A pesca é unha cuestión de fe, e nós seguimos crendo.
Suscríbete para seguir leyendo
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»