Poñen á venda as entradas para o xantar do evento ‘Xonga’ de Silleda

REDACCIÓN

Silleda

Organizado pola Asociación Cultural Xirandola, os trasdezaos poderán participar activamente no evento Xonga: Un berro coletivo pola cultura tradicional galega, que se celebrará o día 17 con motivo do Día das Letras Galegas. A festa terá lugar na Carballeira das Pedrosas e nela participarán as principais asociacións culturais do termo municipal. Xonga, segundo os seus promotores, nace concebido como un espazo aberto, colectivo e diverso, no que cada quen é protagonista.

Os actos darán comezo ñas 13.00 horas con vermú musical tralo que haberá un xantar ao aire libre. As estradas están dispoñibles ata o día 13 a un prezo de 22 euros para os adultos (14 para os menores de 11 anos) no Concello, bar Maril y Maripepa (Silleda) e no hotel Victorino e bar Arume (A Bandeira). O menú consta de churrasco, bebida, sobremesa e café.

Xa desde as 16.00 horas está prevista una foliada coa participación de músicos, cantareiras, bailadores e público que serán parte activa nunha festa na que a tradición será parte esencial. Durante toda a xornada nas Pedrosas haberá xogos tradicionais para cativos e maiores, actividades culturais e servizo de bar. Haberá, para potenciar o comercio local, sorteos de agasallos doados por establecementos colaboradores con esta celebración cultural.

Tracking Pixel Contents