O IES Aller Ulloa pon en marcha o Correlingua o venres día 16

A actividade promove o deporte e o fomento do uso da lingua galega

REDACCIÓN

Lalín

O IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín está traballando na primeira edición, o venres 16 de maio, da organización do Correlalín, actividade de carácter lúdico e deportivo que ten como principais obxectivos promover o deporte, fomentar o uso da lingua galega e, dalgún xeito, despedir o curso académico en convivencia cos centros educativos que forman parte do concello de Lalín. «Contaremos cunha carreira e cun concurso de manifestos a prol da lingua», sinalan dende o centro escolar da capital dezá.

Polo tanto, a participación neste evento está aberta aos centros educativos da capital dezá. O Correlalín percorrerá as rúas próximas ao Concello e os participantes estarán agrupados en distintas categorías. Ademais haberá no transcurso da actividade unha lectura de manifestos a prol da lingua elaborados polos diferentes centros. Participan nesta edición o Manuel Rivero, Xesús Golmar, Vilatuxe, IES Laxeiro, Donramiro e o IES Aller Ulloa que ademais organiza o evento coa colaboración de Gadis, Jim Sports e o Concello de Lalín. Contan con unha participación de aproximadamente 600 alumnos dende 3 anos ata alumnado de Bacharelato.

Tracking Pixel Contents