Leticia López Rey, ‘(in) Visible’ en Silleda
Dende 2014 traballa na recollida de tradición oral con Miguel Barbazán e Alejandro Martínez, buscando garantir a transmisión ás novas xeracións

Leticia López Rey.
REDACCIÓN
O Concello de Silleda nomea como (in)Visible do mes de maio a Leticia López Rey, veciña de Escuadro nada en 1993, pola súa destacada traxectoria na preservación e difusión da música tradicional galega. Afincada en Santiago, iniciou a súa andaina musical aos 14 anos no grupo O Son da Fervenza da súa parroquia. A súa relación coa música vén da infancia, grazas á súa avoa, Josefa Méndez López, quen lle transmitiu cantigas e lle ensinou a tocar a pandeireta, herdanza das ruadas de Xestoso. Desde 2014, traballa na recollida de tradición oral xunto con Miguel Barbazán Lesta e Alejandro Martínez, centrando os seus esforzos en cantigas e bailes en risco de desaparecer. «O patrimonio inmaterial, especialmente aquel que habita só na memoria das persoas maiores, é o máis efémero», sinala. A súa implicación vai máis alá da recuperación: procura garantir a transmisión viva e consciente destas expresións ás xeraciónsmáis novas.
En 2021 iniciou o grao en Historia para reforzar o seu labor investigador. Agora compaxina esta tarefa coa docencia, formando novas xeracións en canto tradicional e pandeireta, e integra a sección oficial de pandereteiras de Cantigas e Agarimos. Silleda enxalza así a súa figura como exemplo de compromiso coa cultura e coa identidade galega, recoñecendo o seu labor para manter vivas as tradicións que definen o patrimonio inmaterial. A súa historia amosa como o legado das xeracións anteriores pode converterse en forza transformadora para o presente e futuro.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores