A outras notas do cole de Soutelo
O CEIP de Soutelo de Montes recibiu este martes a visita dun grupo de docentes do CEIP de Nadela para celebrar unha xornada cargada de intercambio de experiencias educativas, música tradicional e actividades creativas. Tamén disfrutaron dunha actuación das Cantareiras de Soutelo.

O alumnado, nunha das interpretacións.
Este martes 6 de maio, Soutelo de Montes foi algo máis ca un lugar no mapa: converteuse nun pequeno epicentro de aprendizaxe compartida, tradicións vivas e emocións auténticas. O CEIP Soutelo de Montes acolleu a visita de varias mestras do CEIP Nadela de Lugo e das asesoras dos CFR de ambas comarcas, nun encontro que foi moito máis ca unha simple xornada formativa.

O profesorado no acto clausura da xornada.
No marco do programa Observa-acción da Consellería, os docentes dos dous centros compartiron ideas, prácticas educativas, formas de organizar os espazos e metodoloxías que, máis alá da teoría, enchen as aulas de vida. Non era a primeira vez que se xuntaban: o pasado 24 de abril foran algunhas mestras de Soutelo as que viaxaran ata Lugo, pechando así un círculo de aprendizaxe entre iguais que deixa pouso e semente.
Pero o día non foi só para intercambiar saberes entre mestres: foi tamén para emocionarse. As «Cantareiras de Soutelo» puxéronlle banda sonora á mañá, facendo un percorrido pola historia das cantigas da comarca e ofrecendo actuacións que fixeron vibrar a grandes e cativos. Inspirados polas mestras da música tradicional, os alumnos e alumnas do centro tamén puxeron o seu gran de area, interpretando unha cantiga de creación propia e, por se fora pouco, un Himno Galego cheo de orgullo, acompañados polos tres novos gaiteiros da escola.
Logo veu o tempo da creatividade manual: talleres de decoración de panos, chapas, espellos e pulseiras, todos cun mesmo fío condutor: a homenaxe ás Cantareiras e o arranque das actividades das Letras Galegas 2025. Entre pinceis, risas e música, o patio do CEIP Soutelo respiraba unha alegría difícil de explicar pero fácil de sentir.
Á cita tamén se sumaron representantes da ANPA Meixoeiro e familias, testemuñas de excepción dunha mañá que quedará gravada na memoria colectiva do centro. E non é para menos: como dixeron dende a propia comunidade educativa, foi un día «cheo de grandes emocións, que son as que realmente xeran grandes aprendizaxes».
Porque ás veces, aprender vai máis alá dos libros: é compartir, emocionarse e celebrar xuntos quen somos.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia