O tridente estradense para os premios Martín Codax
A Banda de Música Municipal da Estrada, Os John Deeres e Loita Amada, seleccionados como finalistas dos premios da música galega

Nominados estradense aos Martín Codax / FDV
Os Premios Martín Códax da Música deron a coñecer os aspirantes a levar os premios que se coñecerán e entregarán nunha gala final que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 28. Nada menos que 57 proxectos ou propostas saíron a relucir no transcurso da festa de Martín Códax, dos cales 45 corresponden a bandas e artistas, 9 pertencen a salas, festivais e canles de comunicación e 3 aos artistas emerxentes. Entre os nominados por parte do xurado atópanse tres formacións estradenses.
Unha delas e a Banda de Música Municipal da Estrada, que está nominada na categoría de Bandas de Música, xunto con outras dúas grandes agrupacións: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis e Agrupación Musical do Rosal. Trátase da súa primeira nominación aos Martín Codax. As outras dúas formacións estradenses que estarán presentes no Pazo da Cultura son Loita Amada e Os John Deeres. Ambos compiten na mesma categoría, Rock e Punk. Os gañadores dependerán agora do voto popular e do votos dos expertos.
O proceso de votacións de proxectos estará aberto dende o 8 ata o 25 de maio, ambos incluídos. Neste proceso de votación permítese o voto do público en todas as categorías. Poderase exercer a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal, para o que o usuario deberá rexistrarse previamente. Para que as votacións sexan válidas, haberá que votar a través dun sistema de puntos, nun mínimo de cinco categorías. O reconto final de votos farase en función dunha regra de baremación: o 50% corresponderá á votación do público e o outro 50% aos votos dos socios e socias de Músicas ao Vivo. Por iso, os tres nominados estradenses necesitan o maior número de votos, deixando que sexa finalmente o voto dos socios o que remate por decidir os gañadores.
Os John Deeres: «Non pensamos que fósemos a rascar nada»

Os John Deeres / Alberte Peiteado
Os John Deeres levan máis de vinte anos no mundo da música. Formado por un grupo de amigos da parroquia estradense de Couso, a formación foise gañando un nombre dentro do rock galego. Foi sen embargo o seu último disco, O círculo das formigas, o que lles permitiu dar un importante salto dentro da escena galega. «Para nós foi unha sorpresa esta nominación. Este ano pensamos en apuntarnos. Varios de nós vimos como funcionaban estos premios con As Nosa Músicas de Couso e ao final decidimos facelo», explica Manuel Reices (teclista), integrante da banda xunto a Marcos Alexandre Muíños (baixo), Vane García (cantante), José Carbia «Mustaf» (guitarra) e Xermán Bernárdez (batería). «Cando vimos todas as bandas que se presentaron non pensamos que fósemos a rascar nada pero ao final estamos aí. Estas nominacións sempre son unha forma de promocionarse. É bonito», engadiu.
Para optar a este recoñecemento Os John Deeres defenderon o seu último traballo, que supuxo unha evolución que está acaparando eloxios ao tempo que enche a súa axenda de concertos. «Creo que é un disco para nós. Era o que nos apetecía facer. As veces hai que ser sinceiros e facer o que che gusta», admite Reices ao falar dun disco que foi publicado o pasado mes de decembro. «Sabemos que o temos complicado, pero estaría chulo gañar», admite.
Loita Amada: «Sería de xustiza que gañasen Os John Deeres»

Formación actual de Loita Amada.
Loita Amada é un grupo galego nacido da confluencia entre a canción protesta e o rock máis contundente, unha proposta única que combina compromiso social, enerxía escénica e unha profunda conexión coa cultura galega. Foi fundada en 2022 polo estradense Pablo Carracedo «Jásper», a alma máter da emblemática banda NAO. Precisamente, o guitarrista e cantante estradense xa estivo nominado aos Martín Codax coa xa desaparecida formación, gañando o premio en dúas ocasións. «Estaría encantado de volver levar o premio a casa se fai falla pero creo que sería de xustiza que gañasen Os John Deeres. Mad Martín Trío tamén é un grupazo impresionante pero eles meréceno despois de tantos anos na música», afirmou, contento de ver a tres formacións estradenses entre os nominados.
Desde o seu primeiro álbum, Viva a Loita Amada Revolucionaria (2022), cun marcado carácter acústico e influencias da música tradicional galega, Loita Amada percorreu un camiño que a levou cara a un son máis roqueiro e visceral. Este cambio cristalizou en Rematou o Simulacro (2023). Agora veñen de rematar o seu terceiro disco, que levará o título de Resistir é vencer. A banda está formada por Jasper como voz e guitarrista, Davide Salgado (guitarra), Albeto Fernández (baixo), Xiana Naval (trombón), Ana Cuñarro (trompeta) e Amós Varela (batería).
Banda de Música Municipal da Estrada: «Queda patente o talento estradense»

A Banda de Música Municipal da Estrada.
A Banda de Música Municipal da Estrada é finalista co seu proxecto «Carme, Sempre Túa!». Esta idea parte dunhas cartas escritas pola bisavoa de Manuel Brey Villar. A partir delas crease una bonita historia, que remata cunha impresionante representación; que xunta música, teatro, emigración e sobre todo, moita emoción.
Foi na época do Covid, cando este percusionista, cunha longa traxectoria, decide sacar do caixón un tesouro gardado dende hai anos. Unhas cartas escritas pola súa bisavoa no ano 1911, a través das cales, comeza a escribir a novela “Carme”. A historia de emigración, propia da época, pode facer humedecer os ollos, ou mesmo a caída dalgunha bágoa, posto a emoción da mesma. A partir desta historia, o compositor estradense Simón Couceiro, comeza a transcribir esta novela en música. Realiza unha obra musical que dramatiza e musicaliza, e que a través de notas, fai que o público vibre e se emocione a través destas historias reais; como foron a emigración, que tivo vital importancia a inicios do século XX en Galicia. Todo isto, tivo o pracer de estrear a Banda de Música Municipal da Estrada, aló polo mes de maio de 2024.Coa música do compositor estradense, intenta, e dende logo que o consegue, transmitir as emocións vividas nesta historia de emigración.
«Para levar a cabo dita representación, ademais contamos cos actores e actrices Silvia García, Abel Eiros e Mateo Pereira, todos eles da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, coa inestimable axuda do seu mestre, Xosé Lueiro. Queda patente así o talento estradense, capaz de xuntar novela, música e teatro».
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Un bebé con una enfermedad rara e incurable logra salvarse tras recibir una terapia de edición genética creada para él: 'Es un milagro científico