O Festival Folk do Salmón reunirá a preto de 90 artistas no Teatro Principal
A cita celebrarase o próximo sábado 17 de maio, ás 20.00 horas | A agrupación organizadora, Tequexetéldere, conta este ano coa colaboración do grupo Caramancho, chegado de Badaxoz

José Garrido e Lucía Seoane durante a presentación do evento.
O próximo fin de semana celébrase a Festa do Salmón en A Estrada, coincidindo co Día das Letras Galegas, o sábado 17 terá lugar ás 20.00 horas no Teatro Principal unha nova edición do Festival Folklórico do Salmón, da man da agrupación local Tequexetéldere. Entre ambas formacións, Tequexetéldere e o Grupo de Promoción do Folklore Extremeño Caramancho, xuntaranse preto de 90 artistas sobre as táboas do auditorio municipal.
O evento, xa tradicional dentro da programación da Festa do Salmón, contará nesta ocasión coa participación do prestixioso grupo Caramancho, procedente da localidade de Don Benito, en Badaxoz. Fundado en 1977, Caramancho é unha referencia no ámbito do folklore extremeño, cunha ampla traxectoria tanto a nivel nacional como internacional, tras actuar en países como Francia, Alemaña, Bélxica, Holanda ou Italia. A agrupación caracterízase polo seu traballo de recuperación e difusión das tradicións da súa terra, tanto no que respecta á música como ao vestiario, baile e instrumentos tradicionais.
Segundo explicou Jose Garrido, en representación de Tequexetéldere, o grupo invitado ofrecerá un espectáculo dividido en dúas partes. Na primeira, lucirá o traxe de gala cacereño, representando bailes da provincia de Cáceres; na segunda, mostrará o traxe tradicional da vila de Castuera, en Badaxoz, acompañado de danzas típicas desa provincia. Ademais, a rondalla vestirá o traxe de gala de Don Benito, símbolo da identidade badajocense. «Faremos un percorrido polo folklore de toda Extremadura», sinalou Garrido, lembrando tamén a riqueza e variedade dos vestiarios tradicionais que Caramancho leva a cada actuación.
Pola súa banda, Tequexetéldere presentará un repertorio propio con carballesas, jotas e muiñeiras. Como novidade, a agrupación estrea dúas novas pezas: a «Muiñeira da Fonsagrada» e a «Jota e Muiñeira de Zobra». A primeira, inspirada nas polavilas da montaña lucense, recupera as complexas melodías dos antigos gaiteiros da Fonsagrada, coñecidos pola súa virtuosidade musical. A segunda, baseada nun traballo de investigación de 1998 na vila de Zobra (Lalín), recrea as tradicionais ruadas das terras de Deza, Tabeirós e Terra de Montes, onde as pandeiretas e as danzas populares enchían de vida os centros sociais.
O espectáculo terá unha duración aproximada dunha hora, dividida en dúas partes, e promete encher o Teatro Principal de enerxía, música e cultura tanto galega como extremeña. As invitacións para asistir ao festival xa están dispoñibles no Departamento de Cultura do Concello e poderán retirarse ata o mesmo día do evento.
A presenza de Caramancho nesta cita reforza o carácter de intercambio cultural e de irmandade do Festival do Salmón, nun ano no que ademais se celebra o 48 aniversario do grupo extremeño, galardoado coa Medalla de Ouro da cidade de Don Benito e recoñecido polo seu labor exemplar na conservación das tradicións musicais e culturais. Un encontro que será tamén unha homenaxe ao traballo incansable de todas aquelas persoas que se preocupan e dedican o seu tempo a conservar o máis prezado dunha terra: o seu folklore e a súa identidade.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Luis Zahera defrauda en A Sementeira de Corzáns
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- La UCO escuchó al patrón de Villacarrillo 'recreando' el momento en que mató al temporero: 'Ven, que no te vas a enterar. Id preparando los curas
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Las «burras» se estrenan en redes