O grupo Tiruleque actuará en Lalín o día 16 dentro dos actos municipais das Letras Galegas

Esta mañá (11.00 horas) presentarase no Salón Teatro un documental sobre Domingo Fontán

REDACCIÓN

Lalín

A programación municipal Lalín nas Letras 2025, traerá o concerto do grupo de música galega, Tiruleque. Será nunha actuación gratuíta que terá lugar o vindeiro venres 16 a partir das 21.00 horas na Praza da Igrexa. O espectáculo chega da man dun programa da Deputación.

Tamén dentro dos actos polo Día das Letras Galegas, hoxe, ás 11.00 horas, no Salón Teatro, nun acto aberto ao público, proxectarase o documental Fontán, o primeiro rostro de Galicia para achegar á mocidade e á veciñanza, cunha linguaxe sinxela, o proceso que levou a Domingo Fontán a determinar, a través da Carta Xeográfica de Galicia, a orografía do territorio do país nunha época na que non existían as novas tecnoloxías. Anímase á veciñanza a participar nesta actividade gratuíta porque este documental é relevante para o Concello, que conta desde 2023 cun dos poucos mapas de Fontán conservados e onde un dos seus Fillos Ilustres, o Matemático de Bermés, foi mestre de Domingo Fontán.

Ademais, o día 8 haberá un acto sobre as Cantareiras; o 9 teatro, o sábado un concerto da Banda de Lalín; o día 13 repesentarase a obra teatral As Josefas e o día 16 haberá unha carreira pola lingua coa participación dos centros educativos.

Tracking Pixel Contents