Charla de Jorge Mira sobre o gas radón e os seus perigos en Lalín

REDACCIÓN

Lalín

O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Jorge Mira Pérez, ofrecerá o venres 16 de maio ás 20:30 horas unha conferencia titulada Contaminacións por gas radón: riscos e solucións no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero. A charla forma parte do II Ciclo de Conferencias sobre Saúde COIDA(te). ESCOITA(te), promovido polo departamento de Sanidade e Hábitos Saudables do Concello de Lalín. Na súa intervención, abordará os perigos da exposición ao gas radón en espazos pechados, facendo referencia á normativa vixente e ás distintas solucións para reducir a súa presenza.

Mira destaca pola súa ampla actividade investigadora en ámbitos como a ciencia de materiais, a medicina, as enxeñarías ou a dinámica de sistemas sociais. É cofundador da empresa Ventilatio Lab, dedicada ao control da calidade do aire interior, e foi recoñecido coa Medalla Galicia de Investigación 2022. Ademais, é un activo divulgador científico en medios de comunicación e iniciativas como o Programa Conciencia.

Tracking Pixel Contents