Sesión sobre saúde mental no Concello de Silleda

REDACCIÓN

Silleda

Hoxe, ás 20:00 horas, o salón de actos do Concello de Silleda acolle a charla titulada A saúde mental vista desde a neurociencia, unha iniciativa promovida pola asociación Afapo (Alzheimer Pontevedra) en colaboración co propio concello. O evento contará coa presentación de José Manuel Fontenla Redondo, presidente de Afapo, e coa participación do doutor Carlos Spuch, destacado investigador R4 no Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. É necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 592 037 (Servizos Sociais do Concello de Silleda) para poder asistir ao evento.

Tracking Pixel Contents