A Ruta Cabalar de Laro reunirá a 200 persoas o día 10 de maio

Membros de Cabaleiros de Regadío presentaron o cartel xunto á alcaldesa e a concelleira.

Membros de Cabaleiros de Regadío presentaron o cartel xunto á alcaldesa e a concelleira.

Silleda

A VII Ruta Cabalar de Laro terá lugar o vindeiro 10 de maio, sábado, organizada pola Asociación Cabaleiros de Regadío, en colaboración co Concello de Silleda. Foi presentado onte pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González Conde, xunto a José Manuel Donsión, Diego Peña Taboada e Álex Fernández Mosquera, membros da directiva organizadora do evento.

A cita comezará ás 13:00 horas cun xantar popular para emprender despois, ás 15:30 horas, un percorrido que partirá dende o campo da festa de Laro e continuará polos montes de Parada en dirección ao Candán. O itinerario, de 20 kilómetros polo fermoso val, contará cunha parada e o acompañamento musical do Grupo de Gaitas Os Trasnos de Doade. Xa de volta a Laro, no campo da festa, celebrarase a cea á que seguirán as actuacións do Dúo Ciclón e a sesión DJ con Regadisco Show.

Dende o Concello de Silleda colaborase con esta ruta, que xa se vén celebrando cun notable éxito de participación, e que contribúe a poñer en valor as fermosas paisaxes do Candán, en Rede Natura, e o territorio da zona, ademais de contar cada vez con maior implicación por parte da veciñanza.

Tracking Pixel Contents