Lamela alberga o domingo a súa Romaría Enxebre de San Marcos

Asistentes a unha edición anterior da cita gastronómica. | Bernabé/Javier Lalín

A parroquia silledense de Lamela celebra o vindeiro domingo a XIII Romaría Enxebre Gastronómica de San Marcos. Música tradicional, pregón a cargo da escritora lalinense Charo Golmar e xantar baixo carpa forman parte do cartel desta festa.
Os actos comenzarán ao mediodía con pasarrúas ao son de Lume na Lareira e Os Sin Son Ghaiteiros. Ás 12:30 horas terá lugar a tradicional procesión desde a igrexa parroquial de San Miguel de Lamela ata a capela do San Marcos. Alí, ás 13:15 horas, celebrarase a novena e a misa cantada polos Sin Son. A novena comezou o pasado domingo, 20 de abril, e continuará ata o luns 28, todos os días ás 20:45 horas.
Os dous mencionados grupos de música tradicional ofrecerán un concerto no campo da festa en torno ás 14:00 horas. A continuación, sobre as 14:45, terá lugar o pregón ofrecido por Charo Golmar, mestra, escritora, poeta e «amante da cultura de noso». Será o preludio dunha xuntanza gastronómica servida pola pulpería Cristóstimo. O menú inclúe empanada, orella, polbo da ría, churrasco con patacas e ensalada, pan, viño, auga, refrescos, sobremesa, café e augardente. O prezo é de 35 euros para adultos e 18 para nenos de ata 11 anos; as entradas están á venda nos comercios de Lamela, en Comercial Otero de Castrovite (Orazo) e na Vinoteca Cadeira, da Bandeira. O grupo folk Cantos da Terra brindará un concerto ruada a partir das 18 horas.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Se hace pasar por su nuera y escapa en una carretilla al estar trabajando cuando no debía en un aserradero de Nigrán
- El mayor parque acuático de Galicia desvela la fecha de apertura
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La Ley de Extranjería no es para todos: Nirsa y Darys lo saben bien
- Cesados el presidente y la consejera delegada de Ribera