A Deputación promove a Rapa das Bestas cun museo virtual
Adxudica 130.000 euros para poñer en marcha a plataforma
REDACCIÓN
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por 133.464 euros o servizo de creación e mantemento da nova plataforma museográfica virtual de posta en valor da Rapa das Bestas de Sabucedo, en A Estrada, como recurso turístico, cun orzamento próximo aos 220.000 euros. «Queremos poñer en valor, difundir e divulgar unha festa tan nosa, tan 100% Rías Baixas, como é a Rapa das Bestas», asegurou o presidente provincial, Luis López, que lembrou a importancia desta «manifestación cultural inmaterial de gran relevancia para a provincia, que é ademais de Interese Turístico Internacional».
A través deste proxecto, que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística do Destino Deza-Terra de Montes e que conta cun orzamento total de 2 millóns de fondos Next Generation, contémplase o deseño, subministración e instalación de 61 elementos de sinalización intelixente nos itinerarios pedestres, así como a posta en marcha dun software na nube e a creación de contidos vinculados á Rapa das Bestas de Sabucedo.
Esta actuación, para a que a Deputación asinou un convenio coa Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, únese a outros proxectos para dinamizar esta festa incluídos no plan, entre os que salienta a proposta de renaturalizar a carballeira do Campo do Medio, a cal conta cun orzamento de 124.000 euros.
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- ¿Qué es el neumotórax bilateral, la lesión pulmonar que le causó un fisioterapeuta a una joven de Ourense?
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- Pesquerías Nores emitió despachos falsos al menos durante ocho mareas
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo logra un inesperado apoyo para ser sede del Mundial 2030 desde el otro lado del Atlántico