Un día para lembrar a Avelino
Normalización Lingüística rende homenaxe ao Gaiteiro de Soutelo na súa vila natal

Arriba, o acto no colexio. Á esquerda,os gaiteiros. | Bernabé/ Ángel Abeledo
A figura de Avelino Cachafeiro, coñecido como o Gaiteiro de Soutelo, foi lembrada onte nun acto de homenaxe celebrado na súa vila natal. O evento tivo lugar nas instalacións do colexio local e estivo organizado pola Asociación de Funcionarios Pola Normalización Lingüística.A cita contou coa participación do músico e investigador Rubén Troitiño, da familia do homenaxeado, da alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, e do párroco da parroquia, Saúl Retamozo. Tamén asistiron membros da organizacióna, entre eles o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Un día para lembrar a Avelino
O acto deu comezo ás 17.00 horas e incluíu diversas intervencións nas que se puxo en valor a figura do célebre gaiteiro. A música estivo moi presente durante a tarde, con actuacións da asociación Gaiteiros de Galicia e do grupo A Maquia, que ofreceron pezas en directo. Como peche simbólico da xornada, realizouse unha ofrenda floral ante o sepulcro onde repousa Avelino Cachafeiro, nun xesto de respecto e lembranza.
Nacido en Soutelo de Montes a comezos do século XX, Avelino Cachafeiro foi unha das figuras máis destacadas da música tradicional galega. Co seu grupo Os Gaiteiros de Soutelo levou as melodías populares galegas a escenarios de dentro e fóra de Galicia, gañando sona pola súa mestría co instrumento e pola elegancia do seu estilo.
O acto serviu para reafirmar a vixencia da súa memoria e do seu legado artístico, que continúa a inspirar novas xeracións de músicos e amantes da cultura galega. A participación da veciñanza tamén foi significativa, nunha tarde que combinou emoción, música e recoñecemento á historia cultural do territorio.
Persoas de todas as idades acudiron ao colexio para formar parte desta lembranza colectiva, nun ambiente que puxo de manifesto o orgullo que Soutelo de Montes segue sentindo pola figura do seu gaiteiro máis universal.Nun acto que puso de relevo a importancia da memoria histórica.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- Ramiro González: «Arramplaron con todo, hasta con los recuerdos»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Octogenarios vigueses, «tirados» en Pontevedra de madrugada por el Imserso: «A esas horas no hay ni trenes ni buses para trasladarse»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Cándido Pardo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Los acusados de boicotear a un hipermercado de Vigo por vender productos israelíes: «Lo volveríamos a hacer»