A Estrada cubre as súas instalacións deportivas con cinco desfibriladores
Contarán con aparatos repartidos de maneira estratéxica para poder atender a toda zona deportiva de Figueiroa, así como os campos de fútbol de Callobre e Vea

Instalación do DESA no Coto Ferreiro.
O Concello da Estrada vén de completar a súa aposta por unhas instalacións deportivas municipais cardioprotexidas, despois de que na mañá de onte se instalase un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) no campo de fútbol de Nogueira en Vea, unha instalación recentemente reformada. Deste xeito, todas as dependencias de carácter deportivo xestionadas polo Concello quedarían cubertas pola dispoñibilidade dun dispositivo portátil pensado para seren empregado por persoas sen formación médica ante situacións de emerxencia, podendo converterse nun elemento salvavidas.
O departamento A Estrada Deporte colocou cinco destes dispositivos de xeito estratéxico. A unidade do Pavillón Coto Ferreiro cubriría estas mesmas instalacións, as piscinas municipais e o pavillón número 3 da Fundación de Exposicións, onde se realizan clases de loita e artes marciais. O DESA do Manuel Regueiro cubriría este campo de fútbol, as pistas de tenis e o centro A Estrada Pádel. O Novo Municipal da Estrada de fútbol tería tamén o seu propio equipo, que se empregaría asimesmo, se fose preciso, nas pistas de atletismo. Por último, os campos de Vea e Callobre posúen cadanseu desfibrilador semiautomático.
A maiores, o departamento municipal de Deportes, que coordina o edil Ismael Pena, apostou por incorporar unha sinalización común para identificar o emprazamento de todas estas unidades. Ademais da habitual nestes casos, colocáronse paneis visibles de distintas perspectivas e nos que se facilitan os números de Emerxencias A Estrada e o 112, afondando no primeiro consello para calquera que se vexa na situación de ter que recorrer a un DESA: avisar da situación aos profesionais dos equipos de emerxencia. Cómpre lembrar que todos os modelos incorporados ás instalacións deportivas municipais son semiguiados para facilitar o seu uso de urxencia por parte de persoas sen coñecementos sanitarios.
Inversión xustificada
A última unidade adquirida polo Concello para dotar ao Campo de Nogueira supuxo un desembolso de 1.500 euros. Dende o goberno local enténdese que este gasto está máis que xustificado para incrementar a seguridade nas instalacións deportivas estradenses, calculando que un millar de persoas, entre adultos e nenos, practican deporte cada día en dependencias de titularidade municipal.
Cabe recordar que a instalación desde tipo de desfibriladores nas instalacións deportivas comezouse a extender fai varios anos despois de varios sucesos nos que foi precisa unha intervención rápida para poder salvar vidas. O Concello da Estrada xa leva tempo adquirindo, mediante fondos propios ou subvencións, estos aparatos ata lograr ter cubertars todas as súas instalacións deportivas.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Un bebé con una enfermedad rara e incurable logra salvarse tras recibir una terapia de edición genética creada para él: 'Es un milagro científico