A biblioteca de Lalín impulsa ata fin de ano os «meses temáticos»

Begoña Blanco e unha traballadora da biblioteca.

Begoña Blanco e unha traballadora da biblioteca.

Lalín

Dentro do programa municipal “Lalín é Cultura”, o Concello de activa a iniciativa denominada Meses Temáticos na biblioteca municipal para poñer en valor, en cada un dos meses elixidos, unha temática específica concreta do fondo bibliográfico, a fin de achegar á biblioteca á veciñanza e promover o hábito lector. Begoña Blanco, concelleira de Cultura, explica as liñas desta iniciativa que dá comezo este mes de abril que será o Mes do libro. O mércores, 23 celebrarase na biblioteca o Día do Libro, no que haberá sorteos de lotes de libros para os usuarios da biblioteca.

Maio será o Mes das Letras galegas cunha zona da biblioteca dedicada aos escritores galegos e tamén cunha exposición de libros de autores galegos. O día 23 haberá unha actividade para a cativada ás 18.00 horas.

A responsable municipal avanza que setembro será o Mes da biblioteca e da lectura, no que as maletas viaxarán polos distintos centros educativos cargadas de libros novidosos. Desenvolverase a actividade bibliotecarios por un día e os días 4 e 18 dese mes haberá actividades para os máis novos. Outubro será o Mes da dinamización lectora no que a biblioteca lucirá de Samaín, e no que os días 2, 16 e 30 programaranse actividades de dinamización lectora para os máis cativos. O Mes da igualdade centrará a programación de novembro, cunha exposición de mulleres escritoras e cunha zona de infantil e adultos dedicada á igualdade. O espazo tinguirase de morado e o día 3 haberá unha exposición sobre Neira Vilas

En decembro, Mes do Nadal, na biblioteca haberá luces, exposición de libros e o concurso de postais das Aldeas de Nadal.

Tracking Pixel Contents