Entrevista | Manuel Gago Xornalista e divulgador
«Nesta comarca vívese moi preto do patrimonio»
Lalín pon fin á Semana arqueolóxica tras varios días de actividades e congresos. O xornalista Manuel Gago ofreceu unha charla baseada en novos xeitos de divulgar grazas ás redes sociais: «O contacto entre o especialista e o público xeral é moito máis directo»

O divulgador arqueolóxico, Manuel Gago, en Lalín. / Bernabé / Ángel Abeledo
O xornalista e profesor na USC, Manuel Gago, participou onte na Semana arqueolóxica de Lalín. O motivo da súa presenza é que conta cunha ampla traxectoria como divulgador arqueolóxico de Galicia, polo que baixo o título Difundir e divulgar o patrimonio arqueolóxico para unha nova sociedade con novas preguntas foi o encargado de abrir o congreso.
—Cales son estas «novas preguntas» ás que se refire co título do seu relatorio?
—A sociedade galega está nun momento de cambio. Ata agora todo o que sabiamos sobre arqueoloxía era información que nos viña dende as universidades ou dende a sociedade agraria tradicional, que desaparece porque as parroquias se transforman. Agora a sociedade é cada vez máis diversa, e grazas ás novas tecnoloxías aumenta o interese pola arqueoloxía, así como a participación dos usuarios na súa divulgación.
—Cre que hai máis interese pola arqueoloxía que uns anos atrás?
—Penso que estamos nunha especie de época dourada no que se refire ao interese arqueolóxico, existe unha demanda real de coñecer a historia. A través das redes, o contacto entre o especialista e o público xeral é moito máis directo, moitas veces compartes algo divulgativo e a xente responde con imaxes ou novos datos, o que fai que participen no proceso. A través dun fío de X pódese aprender moito.
—Que tipo de divulgación é a que máis lle interesa á xente?
—O que mellor funciona sempre é o relacionado coas épocas que teñen presentes, que se sintan parte do proceso. Tendemos moito a construír unha identidade a través da arqueoloxía, só hai que pensar en que os «verdes castros» son parte do noso himno.
—Como valora o patrimonio arqueolóxico das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes?
—No relatorio que daba hoxe o arqueólogo Xulio Carballo, cifraba en mil os xacementos só de Deza, e iso como mínimo, xa que hai moitos outros que non se atoparon aínda. Penso que é unha zona moi interesante, por iso nos últimos anos hai máis campañas arqueolóxicas por esta zona. A zona de Tabeirós é unha das máis potentes, con máis futuro para coñecer xacementos monumentais da Idade de Ferro, da época medieval...
—Hai algo que lle chame a atención da zona?
—O Deza é unha zona historicamente agraria. Os castros estaban a carón das aldeas, e na actualidade a situación non é moi diferente, o que quere dicir que dende a prehistoria a xente vive case nos mesmos sitios. Iso chama a atención, nesta comarca vívese moi preto do patrimonio arqueolóxico.
—Iso pode ser malo para o patrimonio?
—Pode estar sometido a máis presión, pero na zona hai diferentes tipos de xacementos dependendo da súa localización. Están os da alta montaña, como é o caso do Castro Montaz de Silleda. Logo están os da época castrexa e romana, que están localizados en zonas máis chairas. Por último, están os xacementos invisibles, que son aqueles que se descubriron durante obras públicas, como poder ser a construción dunha autovía ou dunha vía de tren. Deste tipo tan só queda a pegada.
—Hai moitos xacementos invisibles na zona?
—Hai varios exemplos. As obras do AVE entre Santiago e Ourense deixaron a descuberto a Mámoa da Chousa Nova, situada na parroquia de Abades. É unha tumba con máis de 6.000 anos que xa está recuperada, todo grazas a unha obra pública.
- Pablo González, quemado tras beber agua mineral con gas de una botella: «Le di un trago al agua y en segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- Xurxo Mariño, neurocientífico: 'No podemos curar el alzhéimer ni el párkinson porque no conocemos con detalle su génesis
- Este es para muchos el restaurante «más bonito» de Galicia: un molino reformado con una mágica terraza junto al río
- Tensión a bordo de un vuelo de Iberia parado más de tres horas en la pista del aeropuerto de Santiago
- Vigo acoge un festival gratuito este fin de semana para disfrutar del buen tiempo: arte, naturaleza y mucha música
- Miguel Suárez Briones (médico): «La gente que nos dirige se tiene que poner un poco en la piel del paciente»
- El furancho a un paso de Vigo que no te puedes perder: sirve churrasco y es de los pocos que abre al mediodía