Queremos Galego tómalle o pulso á lingua en Lalín

Participantes na mesa redonda sobre o galego no Museo Municipal de Lalín. |  Bernabé

Participantes na mesa redonda sobre o galego no Museo Municipal de Lalín. | Bernabé

REDACCIÓN

Lalín

O Museo Municipal Ramón Aller de Lalín acolleu onte unha actividade organizada polo colectivo Queremos Galego. Na mesa redonda participaron Lucía Díaz, educadora e axente de igualdade, Daniel Chapela, filólogo e escritor, Lito Andión, xerente da cooperativa Hoxe e José Luis Jácome, letrado da administración de Xustiza. No acto estiveron presentes preto dunha vintena de persoas, que escoitaron aos distintos conferenciantes sobre o que xa se coñece como emerxencia lingüistica do galego e as opcións de mudar o rumbo da lingua nesta época.

Tracking Pixel Contents