Silleda programa arte, música, urbanismo e teatro polo 8-M
Os actos comezan mañá coa mostra ‘Amigo, date conta’
O día 6 de marzo preséntase o proxecto piloto ‘Urbanismo de Xénero’

Escolares deixan mensaxes en regadeiras moradas no Día da Muller de 2024. / Bernabé/Javier Lalín

O Concello de Silleda organiza a programación especial 8M/365, unha iniciativa que busca visibilizar a loita pola igualdade de xénero a través da cultura, a arte e a educación. As actividades desenvolveranse ao longo de varias xornadas, combinando exposicións, accións artísticas, teatro e iniciativas de sensibilización.
As actividades darán comezo este xoves, día 20 de febreiro, coa inauguración da exposición Amigo, date conta, que terá lugar ás 12:30 horas na Praza da Igrexa de Silleda. A mostra chega dende a Delegación do Goberno en Galicia e busca reflexionar sobre as desigualdades de xénero e fomentar o pensamento crítico da cidadanía. A inauguración contará coa presenza do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.
Do 3 ao 7 de marzo, desenvolverase a iniciativa artística Pintando Igualdade, en colaboración con varias pintoras locais. As artistas levarán a cabo a pintada de varias regadeiras moradas con palabras a favor da igualdade.
O 4 de marzo, pola mañá, terá lugar a entrega de material de igualdade e recursos para a biblioteca feminista no IES Pintor Colmeiro de Silleda, fomentando a inclusión de contidos con perspectiva de xénero nos espazos educativos. O 5 de marzo, tamén pola mañá, esta iniciativa continuará coa entrega de material para a biblioteca feminista do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.
O 6 de marzo, presentarase o proxecto piloto Urbanismo de Xénero, unha proposta innovadora que analiza como o deseño urbano pode influír na seguridade e accesibilidade das mulleres no espazo público. A cita desenvolverase a partir das 12:00 horas no salón de actos da casa consistorial.
A xornada do 7 de marzo contará cunha visita de persoal municipal ao Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, reforzando o compromiso do Concello de Silleda na loita contra a violencia machista. Pola noite, a Praza Juan Salgueiro da Bandeira iluminarase en cor violeta como símbolo de apoio á igualdade de dereitos das mulleres.
Data central
O 8 de marzo, data central da conmemoración, celebrarase un acto de homenaxe á persoa elixida este ano como (In)visible 8M, acompañado da mencionada performance Pintando Igualdade. A continuación, ás 13:00 horas, terá lugar un vermú musical a cargo de Señora DJ, que encherá o ambiente de música e reivindicación feminista.
O 9 de marzo, ás 19:00 horas, o Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira, acollerá a representación teatral de Bravas, unha obra protagonizada pola actriz e cómica Isabel Risco, que combina humor e crítica social para abordar a realidade das mulleres. Pechará un programa que «utiliza a cultura e a educación como ferramentas de transformación social».
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- No es Cudillero, pero casi: el pueblo marinero más bonito de España está en Galicia y no, no es Combarro
- La magistrada con el mayor escalafón de Galicia, la primera jueza que ejerció en Vigo, se acerca a la jubilación
- Familias de víctimas del franquismo urgen al fiscal general a «revertir la infamia» de los miles de desaparecidos que siguen en fosas y cunetas
- Una asesora financiera recomienda no heredar la casa de tus padres: 'Es una manera de ahorrar impuestos
- Rescatan a un hombre en evidente estado de hipotermia tendido en una calle de Barbadás
- Hasta 200.000 euros de multa por proporcionar estos alimentos a nuestra mascota