Con Manolo do Atlético todo (eran) risas
Manolo do Atlético, un dos humoristas estradenses máis recoñecidos, comezou a dedicarse en 2010 aos monólogos, cun estilo marcado pola súa cercanía e naturalidade cara ó público co que interactuaba.

Manolo do Atlético, diante do Café Central de A Estrada, onde actuou en algunha ocasión. | S. P.
Comezou porque lle insistiron moito en que valía para isto, e dende esa, Manolo do Atlético non parou de subirse ao escenario para facer rir a xente en dez anos. Gañando concursos de monólogos en diferentes pobos e cidades galegas, chegou a compartir cartel co coñecido actor galego Luis Zahera no programa Rúas Vivas de Noia, ata que a finais do ano 2020, ca pandemia, nunhas actuacións cun público separado e con xente con máscara, foi o detonante para tomarse un descanso que se leva alargando xa case cinco anos.
A súa primeira incursión no mundo dos monólogos foi en 2010, nun concurso na Anllada, na parroquia de Arcos, no concello de Cuntis. Presentouse «case obrigado» por un amigo, e non lle foi mal. «Tiñamos un coñecido que organizaba eventos e anotoume directamente ao concurso. Eu tiña moito escrito, porque o barrenaba de cabeza, pero non me atrevía a dar o paso. Alí non tiven escapatoria, así que presenteime e gañei», lembra o humorista estradense.
Ese triunfo inicial motivouno a seguir explorando o mundo dos monólogos, participando no circuíto Non só monólogos en Santiago. Este programa, que remataba cunha actuación no Teatro Principal compostelán, foi clave na súa formación escénica. «O circuíto este non era solo de monólogos, había tamén cantantes e magos, e era a segunda vez que se facía, e apuntábase a xente que estaba comezando, e iamos dando actuacións por bares de toda a cidade, para rodarnos, porque non cobrabas un peso, e comezabas en novembro e rematabas en xullo cun gran acto no Teatro Principal» recorda Manolo do Atlético. Alí conseguiu tamén acadar o primeiro galardón na categoría de monologuista, trofeo que premiaba todo o seu percorrido ao longo de ese ano no que se formou e conquistou o público da capital galega.
Ao longo dos anos, desenvolveu un estilo humorístico moi persoal, ao agradece aos seus compañeiros da Escola de Teatro de A Estrada, e en particular a súa profesora Anabel, que lle axudou a traballar a súa proximidade co público e os xogos coas palabras. «Sempre me gustou explorar o significado das palabras e agora teño un proxecto entre mans: un dicionario en clave humorística. Para min, o humor está nesas pequenas cousas», compartiu. Esta cercanía fíxose evidente nas súas actuacións en tabernas e pequenos locais da vila estradense e nas súas parroquias, espazos onde o contacto co público era máis directo e enriquecedor.
Un capítulo importante foi o proxecto de humor rural que levou o espectáculo polas aldeas da Estrada co Teleclube da Comedia. «Actuábamos en teleclubes e escolas, e os veciños organizaban uns pinchos despois das funcións. Era unha marabilla», recordou con nostalxia. Durante esta etapa él colaborou en incontables ocasións co Mago Toño, combinando maxia e humor nun formato que foi moi ben recibido polo público. En canto a sensibilidade co humor nesta época das redes sociais e ofensa sinxela, el teno claro: «creo que hai que entedelo como o que é: un espectáculo de humor, pero xa sabes que non podes gustar a todo o mundo».
Finalmente, a pandemia trouxo novos desafíos coa cancelación de eventos, e as restricións sanitarias complicaron o seu traballo, a partires do cal apartouse dos escenarios: «O meu último show foi durante a pandemia, nunha escola de Silleda, separados e todos con máscara. Foi raro, pero saíu ben”.
Suscríbete para seguir leyendo
- Alfonso Rueda responde a las quejas de Jorge Cadaval sobre las lluvias en Andalucía y su referencia a Galicia: «Es lo que hay»
- La Fiscalía cree tener la prueba para hacer tambalear la instrucción de Hurtado
- El restaurante de Vigo con «carne ilimitada por 17, 90 euros» en el que no pagarás el día de tu cumpleaños
- Ya es oficial: te puedes jubilar a los 63 años si cumples este requisito
- El Supremo inadmite los recursos de la Xunta y empresas a favor de dos parques eólicos y valida la paralización del TSXG
- Rescatados los 19 tripulantes de un pesquero gallego hundido tras un incendio en el Pacífico
- Indemnizan con 4.000 euros a una pasajera que se cayó al bajar del autobús urbano en Vigo
- Muere Xurxo Bouzo, exfutbolista del Ourense