De Barcelona a Sello: coller aire para emprender
Beatriz Rodríguez deixou a súa vida en Barcelona para emprender en solitario un proxecto de agricultura e gandería ecolóxica na parroquia de Sello, en Lalín. Aer, «aire» no latín, quere trasmitir que era o que lle faltaba e o que ten agora no mundo rural.

Beatriz Rodríguez coas súas cabras e ovellas, onte, na súa finca de Sello. / Bernabé
Beatriz Rodríguez, unha moza lalinense que medrou na aldea, deixou a vida urbana en Barcelona para emprender un proxecto de agricultura e gandería ecolóxica na parroquia de Sello, en Lalín. A súa historia é un claro exemplo da reconexión co rural e a busca dun estilo de vida máis saudable e respectuoso ca natureza, ideas que sempre tivo moi arraigadas grazas a súa familia.

A lalinense, coa súa poldra e unha das cabritas. | Bernabé
«Foi a ansiedade pola vida na cidade o que me fixo volver ao campo. Unha vez que te vas e estás lonxe, comezas a valorar máis o que tiñas antes», explica Beatriz Rodríguez, que de pequena nunca imaxinara vivir no campo. De feito, comezou a estudar arquitectura nunha universidade barcelonesa, pero recoñece que era o estigma social de vivir no rural que hai entre a mocidade o que a botaba cara atrás de primeiras, aínda que finalmente se decidiu e non se arrepinte. «Hai formación orientada ao mundo rural, pero poucas persoas se plantexan vivir disto a pesar de que lles encante o sexa o seu soño, como no meu caso», afirma ela.
O proxecto Aer, nome que significa aire en latín, quere facer referencia ao aire puro que pode respirar ao traballar no entorno que sempre quixo; fronte a ese aire que ela notaba lle faltaba na opresión da vida na cidade.
Inspírase nas prácticas tradicionais que facía a súa avoa paterna, quen levaba unha vida sinxela cunhas poucas vacas na súa casa, un sistema que contrasta bastante co dos seus avós maternos, os cales teñen unha explotación de vacas en intensivo, algo ao que ela non aspira: «Quero seguir co estilo de vida sinxelo da miña avoa paterna. Comparado coa explotación intensiva dos meus avós maternos, a calidade de vida non ten nada que ver. Eu quero estar en contacto continuo coa natureza, e creo que iso é marabilloso para a saúde mental e corporal».
A pesar das dificultades e o traballo que supón todo isto, a lalinense leva este proxecto en solitario. «Ás veces é complicado, e sería moito máis sinxelo se tivera un socio o unha socia para que me botara unha man, pero é difícil atopar alguén que queira mudarse ao rural e vivir disto, sobre todo entre a mocidade», asegura. Aínda que non buscou ninguén de maneira activa, recoñece que lle gustaría poder compartir ideas e traballo, ademais de que sería moi positivo para o seu proxecto.
O camiño cara á sustentabilidade non é doado, pois Beatriz Rodríguez tivo que aprender por conta propia dende o comezo. «Estou estudando pouco a pouco as técnicas. Comecei cunha formación máis básica en agricultura ecolóxica, e xa ampliei a como levar unha explotación a nivel económico, balances, etc. Vou aprendendo dos erros que van xurdindo. O máis complicado é cos animais, porque claro, é unha vida que depende de ti, non son coma as plantas, e se un se pon enfermo e o está pasando mal, é totalmente diferente».
Considera esencial a formación en finanzas empresariais, marketing, agricultura e gandería, así coma habilidades de traballo en equipo e liderado, xa que, despois de todo «a granxa non deixa de ser unha empresa».
Outro dos desafíos máis importantes aos que se enfronta foi o proceso burocrático. Tras iniciar a tramitación para vender os seus produtos e rexistrar a explotación, a fundadora de Aer solicitou unha axuda á Xunta de Galicia, e aínda que lle recomendaron esperar a que lle fora concedida para comezar, ela non quería perder o ano que xa leva traballando no seu proxecto.
Para quen estea pensando en mudarse ao rural, ela aconsella «valorar o estilo de vida que queres ter no teu futuro, porque a burocracia á que te enfrontas ás veces quítache esa motivación, pero eu estou moi feliz ca miña decisión».
Suscríbete para seguir leyendo
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- La magistrada con el mayor escalafón de Galicia, la primera jueza que ejerció en Vigo, se acerca a la jubilación
- Los neurólogos advierten sobre las terribles consecuencias de dormir mal: ansiedad, depresión y alzhéimer
- Un rostro de 'La isla de las tentaciones' desvela un gran secreto: 'Soy padre de un niño que va a cumplir 8 años
- Un colegio de Cangas anuncia una querella por acoso hacia el centro y algunos profesores
- Voces críticas en mar y tierra contra la celulosa de Palas de Rei en A Pobra