«O cocido por naturaleza hai que compartilo»
A extensa nómina da Encomenda do Cocido contará dende o vindeiro domingo cun ourensán vencellado de sempre con Lalín. Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia na X, na XI e na XII lexislaturas, e médico de formación, recibirá a súa capa formando parte da decena de elexidos no capítulo xeral.

Santalices no seu despacho do Parlamento sostindo un mapa do pleno. | Xoán Álvarez
En plena recuperación dunha fractura de bíceps tras caer, o presidente do Parlamento Galego atende a chamada de FARO polo seu nomeamento como Comendador do Cocido de Lalín.
-Que é para vostede formar parte da Encomenda?
-Para min é algo moi especial porque téñolle un gran cariño a Lalín. Manteño moitos lazos de unión con Lalín que eu sempre o vivín con moito orgullo tamén. Ademais, Lalín é unha terra de creativos que sempre tivo unha gran relación con Ourense. Que ti teñas a enconmenda de por en valor non só o cocido, se non o que tes por en valor todo o que unha vila tan importante como Lalín, a min tamén me enche de orgullo.
-Definiríase como larpeiro?
-Gústame saborear a comida e gústame tamén aproveitar o positivo da comida. Comer é unha función que temos que facer porque se non non sobrevivimos pero son dos que me gusta aproveitar esa parte positiva que hai do feito de comer, me gusta na medida en que podo comer sano, que tamén llo recomendo ao todo o mundo.
-Por exemplo?
-Sobre todo entendo comer sano como alimentos pouco procesados. Esa é a clave. Entón, o cocido é unha alimentación nada procesada, que non ten ningún proceso intermedio que poida desnaturalizalo. Nese senso pois eu disfruto dun bo cocido sobre todo cando se utilizan produtos tan naturais e que teñen un valor enerxético grande. A min vanme vir moi ben para recuperar esta rotura que tiven recentemente.
-O seu amigo José Crespo sempre fala de que cocido ten que ir acompañado dunha boa sobremesa. Está dacordo?
-O cocido xa de por si ten unha característica moi importante que é que moi difícil que che sirvan un cocido individualmente. O cocido por naturaleza hai que compartilo. Pódenche botar no prato a verdura pero hai unha serie de ingredientes que o normal é compartilo entre todos. Iso xa di algo. Todo aquelo que seña de compartir xa é algo en principio interesante.
-Habería que servir máis cocidos no Parlamento por aquelo de compartir e chegar a consensos?
-Eu non me queixo do Parlamento que temos. Nos anos que levo na presidencia, que xa non son poucos, e como parlamentario, hai fases distintas. Non ten moito que ver este Parlamento co de fai 25 anos, pero hai unha serie de cuestións que non cambiaron. Creo que se debate en profundidade, que iso é moi importante, e penso que algunha cousa sería interesante que nos propuxéramos evitalas.
-Cales serían esas cousas?
-Non o digo especialmente no noso Parlamento pero hai outros nos que as veces o linguaxe que se utiliza lonxe de acercar unha postura o que fai é distanciala máis e xenera un certo desacougo á sociedade ao comprobar que os representantes nos que eles descargan toda a súa confianza utilizan un léxico que o que provoca é alonxar as posturas, que é o que a sociedade quere. No Parlamento Galego todo se reconduce. Observo que pese ás discrepancias lóxicas que hai e que se discuten no hemiciclo, fóra del somos persoas e hai unha relación humana coa que estás convivindo moitos días e que está por enriba do que é a discusión política. É algo que eu quero poñer en valor porque nestos nove anos e pico que levo xa como presidente teño que os deputados e deputadas coas súas discrepancias teñen facilitado moito o que é presidir un Parlamento e os debates plenarios que non é asunto menor.
-Segue cultivando o seu gusto pola arte galega actual?
-Por suposto. Teño que dicir que tedes a sorte de ter en Lalín neste sentido un alcalde que aposta moito pola arte. Eu vou motiísimas veces a Lalín a participar en exposicións de Quintana Martelo, de Laxeiro, de Lamazares e moitos máis no Museo Ramón Aller. Lalín é unha terra de grandes nomes da arte. A historia aí está e iso non o pode ocultar ninguén. É unha terra de grandes creadores e de grandes artistas. En Lalín sabedes difunfir moi ben todos iso, a verdade.
-A que se refire?
-Presumides un pouco. Hai que tamén dicir as cousas como son, porque o mundo xira arredor de Lalín. Xa o dixen eu un día que ti falas cun de Lalín e penas que é o kilómetro cero do mundo. En torno a Lalín xira todo. Pero fóra de bromas, estamos a falar dunha vila, dun alcalde e dunha corporación que tiran moito pola cultura. Como digo, eu moi frecuente que eu estea alí en actos relacionados coa actividade cultural. De aí ven tamén a miña relación con Lalín. Teño grandes amigos artistas en Lalín como Antón Lamazares, fun moi amigo de Sucasas, coñecín aínda que non tanto a Laxeiro e está Nicolás González Aller. En fin, é unha terra de artistas cos que teño unha gran relación. E con moita xente tamén. Lalín é unha vila que me resulta moi agradable e moi entretida e con moi boa xente.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- Familias de víctimas del franquismo urgen al fiscal general a «revertir la infamia» de los miles de desaparecidos que siguen en fosas y cunetas
- No es Cudillero, pero casi: el pueblo marinero más bonito de España está en Galicia y no, no es Combarro
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Se queda dormido y toma de frente la rotonda del Mercadona
- Se estampa contra un muro en Cangas al huir tras un control de alcoholemia
- Una asesora financiera recomienda no heredar la casa de tus padres: 'Es una manera de ahorrar impuestos