Máis de 50 artistas participan na colectiva EmporcARTE
A exposición inaugúrase o 1 de marzo no Museo Ramón Aller de Lalín
Entre os creadores atópase a chinesa Shui Long Xue Bao

Unha peza do EmporcARTE de 2023. / Bernabé/Javier Lalín
Lalín recupera dous anos despois unha das súas citas artísticas importantes. O sábado 1 de marzo ás 13.00 horas terá lugar no Museo Municipal «Ramón Aller» a exposición colectiva da XIII EmporcARTE e o Cocido das Artes. As persoas interesadas en asistir ao cocido deben confirmar asistencia antes do 25 de febreiro no 986 784 004. O prezo do cocido é de 30 euros e é no restaurante de Modesto. Dende o Concello anúnciase que máis de 50 artistas participarán nesta XIII EmporcARTE, procedentes de toda Galicia, entre os que se atopa unha chinesa. Son Soledad Penalta, Quintana Martelo, Diego de Giráldez, Lomarti, Alexandro, Paco Pestana, Abel Barandela, Ruth Lodeiro, Tereixa, Ehlaba, Nicolás González Aller, Javier Hita, Ricardo Ferreiro, Xan Paz, Mitra, Mariña Paz, Paio, Carmen Payo, Marisa Miguélez, Iria Eijo Martínez, Luis Ferreiro «O Vila», J. Luis Abeledo «Bibí», Carlos Santos, Olalla Garra, Adrián Penido, Eduardo Valladares, Ángel Utrera, Ana Dobarro, Aitana Iglesias, Noa Blanco, José Antonio Fondevila, Acisclo Manzano, Carmen Senande Pazos, Chelo Rodríguez, Alfonso Santomé, Jesús Otero, Shui Long Xue Bao, José Antonio Santomé, Xulia e María Ferradás, Sé Senande, Isabel Alonso, Mercedes Paz, Tito Rodríguez, Gloria Alonso, María Andrajegui, Xosé Poldras, Tono Lorenzo Guisado, Juan Liñares, Patricia Fernández e Eduardo Meijomence.
Entroido
O regreso da exposición colectiva lalinense coincide coa celebración do Entroido na capital dezá. Lalín celebrará, tras a Feira do Cocido deste domingo, o Entroido o venres 28 de febreiro, sábado 1 de marzo, domingo 2, luns 3 e martes 4 de marzo con Festa de Entroido para a cativada na carpa do Cocido, actuacións musicais, obradoiros, pasarrúas e as tradicionais celebracións organizadas por asociacións veciñais e culturais ás que se suman concurso de disfraces e outras actividades promovidas polo Pontiñas Centro Comercial.
Trátase dunha programación de Entroido que dende o Concello destacan como o resultado do traballo veciñal e cultural de asociacións como O Naranxo e a Asociación de Veciños da Cacharela, de establecementos hostaleiros como O Currás ou o Asubío, do Pontiñas Centro Comercial, así como da «colaboración por parte do Concello a través da Concellería de Cultura».
O venres 28 de febreiro terá lugar unha chocolatada das Señoritas, organizada polo Pontiñas Centro Comercial, en colaboración con Aspadeza.
O sábado de Entroido (1 de marzo) a programación abrirase ás 12.00 horas co Vermú das Señoritas diante do café Camilo coa Bendición do Santo Torrisco, organizada pola Asociación O Naranxo, que estrea un «Baile de debutantes» para celebrar os 15 anos de existencia. Ás 12.30 horas actuará Pachi Show, actuación organizada polos locais O Asubío e Currás. Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas actuará a Charanga Mekanika na Praza da Igrexa e as 20.00 horas pinchadiscos para rematar a festa de O Naranxo.
O domingo 2 de marzo a partir das 17.00 horas terá lugar o Entroido da Cacharela organizado pola Asociación de Veciños da Cacharela, que como sempre xuntará a veciños do popular barrio lalinense e convidados nun novo certame onde a troula, coa saída dos «cacharelos» e un ágape multitudinario con festa ata a madrugada a pé de rúa.
O luns 3 de marzo terá lugar en Lalín a Festa do Entroido para a cativada na Carpa do Cocido, que abrirá ás 16.30 horas. Haberá inchables, música, obradoiros de máscaras e maquillaxe e ás 17.30 horas o espectáculo de circo con Asacocirco Show nun evento organizado por O Asubío, Café Casino e Casa Currás. Os máis pequenos da capital dezá están chamados a pasar unha tarde entretida na compaña das súas familias.
Por último, o martes de Entroido, 4 de marzo, ás 12.00 horas terá lugar un pasarrúas de cabezudos acompañados do grupo de Música Tradicional Repenicando e pola tarde desenvolverase o concurso de disfraces no Pontiñas Centro Comercial Pontiñas, no que será o punto e final do Carnaval do municipio.
Ao final, serán cinco os días do Entroido de Lalín nos que a programación tentará festexar un ano máis unha celebración na que a veciñanza voltará a ter un grande protagonismo coa súa participación nos distintos actos.
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- Familias de víctimas del franquismo urgen al fiscal general a «revertir la infamia» de los miles de desaparecidos que siguen en fosas y cunetas
- No es Cudillero, pero casi: el pueblo marinero más bonito de España está en Galicia y no, no es Combarro
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Se queda dormido y toma de frente la rotonda del Mercadona
- Se estampa contra un muro en Cangas al huir tras un control de alcoholemia
- Una asesora financiera recomienda no heredar la casa de tus padres: 'Es una manera de ahorrar impuestos