Da aula do instituto ao podio
Catro rapaces estudantes dos institutos de Lalín veñen de destacar en senllos concursos académicos. Trátase de Guillermo José Pérez, Sergio Iglesias e Anxo Saa, do IES Aller Ulloa, e de Liliang Martínez, alumna do IES Laxeiro. Todos eles amosaron o seu talento en certames de recoñecido prestixio.

Guillermo, Serxio e Anxo, campións autonómicos do concurso Odisea. | Bernabé
Os institutos lalinenses Aller Ulloa e Laxeiro están de noraboa. Catro alumnos dos dous centros veñen de ser premidos en certames polo seu talento. No caso do primeiro, tres rapaces que cursan segundo de Bacharelato pola modalidade de Humanidades tiveron que chegar ao desempate do Concurso Odisea contra o IES de AMES. Guilermo José Pérez, Sergio Iglesias y Anxo Saa convertéronse nos campións autonómicos do concurso Odisea. Os estudantes lalinenses recoñecían onte que o nivel das preguntas foi moi alto suliñando unha relativa ao pigmento dun molusco na etapa clásica.

Liliang Martínez foi terceira no «Petiscos de Ciencia». | Bernabé
Compre destacar que a sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) convocou a vixésima edición do concurso Odisea, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia. Tivo lugar os días 3, 4, 5 e 6 de febreiro (primeira fase), e os días 12 e 19 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente). Nesta edición participaron as seccións da SEEC de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Castilla-La Mancha, Galicia, Extremadura, Salamanca-León, Comunitat Valenciana, Valladolid, Madrid, La Rioja e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya. Este certame, malia que aberto a todos os alumnos dos centros, estivo dirixido principalmente aos profesores e alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e non pretende outra cousa que sacar a cultura clásica das aulas, alomenos por uns días.
Guillermo, Sergio e Anxo aínda non saben onde será a fase estatal pero xa pensan en seguir coa súa racha neste concurso «clásico».
Por outra banda, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convocou a edición 2024 do concurso «Petiscos de ciencia» de vídeos científicos en galego. Estaba dirixida ao alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma. Neste caso, o terceiro premio foi para Liliang Martínez Rodríguez, estudante no IES Laxeiro de Lalín, polo vídeo A fluorescencia. «O seu traballo destacou pola creatividade, o rigor científico e a capacidade de comunicar de forma clara e inspiradora. Un exemplo de dedicación e paixón pola ciencia que nos enche de orgullo», lembraban onte no instituto. Trátase dunha peza audiovisual moi amena sobre un tipo particular de luminiscencia que caracteriza substancias que son capaces de absorber enerxía en forma de radiación.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- En directo | El temporal Martinho sacude ya Galicia
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El parque natural y gratuito lleno de animales, tirolinas y paseos para desconectar con toda la familia a media hora de Vigo
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas