Entrevista | Pepe Rodríguez Gómez Director de Radio Estrada
«A xente quere estar acompañada, e a radio acompaña moito»
Hoxe, Día Mundial da Radio, falamos con Pepe Rodríguez, actual director de Radio Estrada, á que chegou en 1997 despois de pasar por varias emisoras de renome de toda Galicia. Tras toda unha vida detrás do micro, e 22 anos dirixindo unha emisora que cumpre trinta anos o próximo un de marzo, fala sobre as súas experiencias, os cambios no mundo radiofónico, e o futuro da radio no pobo

Pepe Rodríguez, na sede de Radio Estrada . | S. P.
Radio Estrada celebra en dúas semanas e media o seu 30º aniversario nunha etapa marcada pola evolución tecnolóxica e os cambios no consumo de información. Desde a súa fundación en 1995, esta emisora local converteuse nunha referencia para A Estrada e arredores, e o fixo da man dun home que comezou no 1997 traballando como locutor, e o ano seguinte xa actuaba como director. Aproveitando que hoxe é o Día Mundial da Radio, non podíamos ter mellor invitado que Pepe Rodríguez, actual director de Radio Estrada, a cal leva dirixindo un total de 22 anos.
-Como comezou a súa carreira no mundo da radio?
-Empecei en Radio Pontevedra, logo pasei por Radio Noroeste e despois pola Radio Galega. No 1997 cheguei a Radio Estrada.
-E xa tiña claro que quería dedicarse a isto cando era mozo, ou o de estudar xornalismo?
Non, eu son dos que entraron na profesión polo traballo, non pola carreira. Houbérame gustado estudialo, pero non o fixen.
-Entón non sempre tivo claro que quería ser locutor?
-Non, foi máis ben por casualidade. Comecei facendo cousas de deportes e picoume o gusanillo. Xa cando cheguei a Radio Estrada tiña moito tempo traballado en radio, e unha persoa que estaba naquel momento dirixindo aquí púxose en contacto comigo, e fun unha fichaxe, nada máis.
-Lembra algún momento ou entrevista especial ao longo de todos estes anos na emisora?
-Recordo con especial cariño unha entrevista que lle fixemos a Julio Iglesias na súa época. Tamén unha reportaxe especial que fixemos despois do ataque ás torres xemelgas en Nova York, onde falamos con xente da Estrada que vivía alí.
-Cambiou moito a súa maneira de facer radio dende entón?
-A esencia mantense, pero cambiaron moitas cousas, sobre todo a nivel tecnolóxico. Antes traballábase con cintas de casete, agora xa non se contempla iso.
-E cales foron os principais retos cando comezou en Radio Estrada?
-Basicamente tratar de aportarlle a toda a xente da Estrada cada información que xeraba o propio pobo, non? O reto foi cubrir toda a información que tiñamos en todos os ámbitos: político, social, económico e educativo. Iso é o que queríamos facer, e despois tamén ser moi rigorosos co que informábamos, que todo fose verdade, ou maioritariamente certo. Salvo o 28 de decembro, que aí había xa outras cuestións e tiñamos que andar con coidado (risas).
-E recorda como foi o seu primeiro día emitindo aquí?
-A verdade e que non, sinceramente, non o recordo. Supoño que cheguei e xa me puxen diante do micrófono, despois de estar preparando o informativo e os deportes.
-Como influíu a dixitalización e o auxe de internet na radio local?
-Agora a radio está moito máis integrada no mundo global. Sobre todo melloraron as partes técnicas, que permítenos gañar tempo e reaccionar máis rápido ante as noticias e eventos, que na radio é vital. A tecnoloxía axuda moitísimo a ofrecer mellores contidos.
-E con este avance nas redes sociais e co auxe dos podcasts, cree que a radio segue tendo o mesmo impacto que antes?
-Si, a radio ten unha maxia especial. A estrela da radio é que podes escoitar o que queiras cando queiras, pero a radio en directo, nese momento exacto, é algo totalmente diferente. A inmediatez da radio nese momento concreto cando pasa un suceso ou algo importante, cando hai algo que che interesa e o queres escoitar nese momento, vai estar aí. E está claro que non é o mesmo iso que enterarte máis tarde.
- Que consello lle daría á xuventude que quixese dedicarse nun futuro á radio?
-Pois que escoite moita radio e que busque unha forma de facela diferente, pero sen perder os métodos tradicionais, que iso sempre o vai poder facer.
-E por último, que aprendizaxe leva tras todo este tempo?
-Sobre todo que as persoas queren estar acompañadas, e que a radio acompaña, esa é a base. Se se apaga, nótase a ausencia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- La magistrada con el mayor escalafón de Galicia, la primera jueza que ejerció en Vigo, se acerca a la jubilación
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- Una asesora financiera recomienda no heredar la casa de tus padres: 'Es una manera de ahorrar impuestos
- Hasta 200.000 euros de multa por proporcionar estos alimentos a nuestra mascota
- Los neurólogos advierten sobre las terribles consecuencias de dormir mal: ansiedad, depresión y alzhéimer
- Un rostro de 'La isla de las tentaciones' desvela un gran secreto: 'Soy padre de un niño que va a cumplir 8 años