Convocan o Premio Anisia Miranda de Teatro Infantil
REDACCIÓN
A Fundación Xosé Neira Vilas convoca o IV Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura. Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico fundacion@neiravilas.gal, seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato. O prazo para o envío remata o 15 de abril e o acto de entrega terá lugar o 18 de maio, de tal xeito que a fundación que leva o nome do autor de Gres se une así á celebración da semana das Letras Galegas.
O galardón está dotado con 1.000 euros e a súa publicación estará a cargo da Edicións Embora. A imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista, recentemente falecido, Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo, foi deseñador de Sargadelos e formou parte da padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Un carguero atraca de urgencia en Vigo tras perder decenas de contenedores en el mar
- Empleados de mantenimiento de Vialia denuncian «amenazas»: «Pasaron de pagarnos 25 euros por los domingos a 3 euros»
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»