A zona ORA da contorna do CHUS non operará os sábados
Implantouse co obxectivo de facilitar a rotación e evitar os vehículos ventosa nas proximidades do Hospital Clínico

Parquímetro na avenida de Barcelona. | Antonio Hernández
REDACCIÓN
A xunta de goberno de Santiago acordou este luns deixar sen efecto a aplicación da ORA na contorna do Hospital Clínico os sábados pola mañá, «atendendo tanto aos datos de ocupación como ás peticións das asociacións veciñais». A Concellaría de Mobilidade avaliará os efectos desta medida nos vindeiros seis meses e, de ser o caso, será definitiva. A suspensión os sábados pola mañá entrará en vigor xa no próximo día 15 de febreiro, e afectaralle á avenida de Barcelona, as rúas Antonio Rama, Manuel Caeiro, Sempre en Galiza e Valentín Varela, e á avenida de Bilbao, que suman un total de 153 prazas de estacionamento.
A zona ORA quedou implantada neste ámbito da cidade en marzo de 2024, co obxectivo de facilitar a rotación e evitar os vehículos ventosa nas proximidades do Hospital Clínico, habida conta da escaseza de prazas de estacionamento agravada polas obras que se están a executar no complexo.
O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, explicou que «os datos avalan a idoneidade da medida, posto que a media de usos diarios das 153 prazas sitúase en 656 vehículos, de modo que existe unha rotación que non había antes da implantación da zona ORA». Se se teñen en conta só os días laborables e se exceptúan os meses de xullo e agosto, nos que se reducen as consultas externas no Hospital Clínico, os datos de usos diarios das prazas da zona azul van desde os 750 ata os 950, con picos máximos de mil vehículos. Pola contra, nas mañás dos sábados a media de ocupación sitúase en só cen vehículos «un dato que demostra que no sábado non é tan precisa a rotación na contorna do CHUS».
Baseándose nestes datos, e tendo en conta tamén as demandas as asociacións veciñais, o Goberno acordou deixar sen efectos a aplicación da zona ORA, e facer unha nova avaliación do funcionamento do sistema nun prazo de seis meses.
Adiante o novo edificio do Imelga
A xunta de goberno do Concello de Santiago concedeu este luns á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a licenza para a construción do edificio destinado a nova sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), na rúa Roma, cun orzamento de execución material de 5.104.725,35 euros.
As actuacións consistirán na construción dun edificio de catro plantas (soto, baixo e dous plantas altas) cunha superficie construída total de 3.540,79 m2, ocupación de 1.380,45 m2 e altura máxima de 12,50 metros. A edificación está situada en solo clasificado como urbano no PXOM vixente e cualificado coa ordenanza de equipamentos do Plan Parcial de Fontiñas.
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) é un órgano da Administración de xustiza en Galicia, que ten por misión prestarlles asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xulgados en materia de medicina forense.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Se hace pasar por su nuera y escapa en una carretilla al estar trabajando cuando no debía en un aserradero de Nigrán
- El mayor parque acuático de Galicia desvela la fecha de apertura
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La Ley de Extranjería no es para todos: Nirsa y Darys lo saben bien
- Cesados el presidente y la consejera delegada de Ribera