Os Xenerais da Ulla despregan as súas tropas en Couso
A parroquia de Couso foi a escollida para dar o pistoletazo de saída ao Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla. Por diante agarda un mes de festas polos oito concellos que manteñen esta tradición.

Os Xenerais da Ulla despregan as súas tropas en Couso / Bernabé
O Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla comezou a despregar as súas tropas polos oito concellos que conforman o colectivo creado para a súa defensa, conservación e divulgación: A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. A parroquia estradense de Couso foi a escollida para dar o pistoletazo de saída a esta celebración, cun acto no que participaron máis dun centenar de persoas e no que non faltaron os xenerais. Desta maneira arrinca máis dun mes de atranques por trinta lugares e parroquias, ata o peche en Conxo o 15 de marzo. O calendario previsto pode consultarse na web xeneraisdaulla.gal.

Representantes dos oito concellos, Xunta e Deputación.
Este acto contou coa presenza de representantes de todos os municipios desta tradición, xunto ao director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e a deputada provincial Belén Cachafeiro. En nome dos seus colegas, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, fixo un percorrido pola orixe, personaxes e importancia desta tradición e exaltou a riqueza destas antigas contendas dialécticas dos exércitos dos xenerais e o vistosas que resultan as súas tropas a cabalo, sen esquecerse doutros ingredientes desta festa, como os correos, abandeirados, reis, coros e comparsas que a acompañan. «É tradición oral e gastronómica en estado puro, algo que merece a pena divulgarse e conservarse como parte importante da nosa identidade cultural e que debe aspirar a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional». Louzao tamén citou as parroquias estradenses nas que se mantén viva esta tradición: Couso e Arnois, así coma do resto de concellos coma Luci, Rarís, Reis, Santa María de Teo e Cacheiras do Concello de Teo, Vilanova, San Xián de Sales e Trobe do Concello de Vedra, Marrozos, Angrois, Aríns o Eixo e Conxo do Concello de Santiago de Compostela, Bama, Fonte Díaz e Fao do Concello de Touro, Lamela e Bandeira do Concello de Silleda, Merza de Vila de Cruces e Sergude e Lestedo do Concello de Boqueixón.

Rosa Iglesias e Manuel Brey, co Coro de Bonitos. | Bernabé
Rosa Iglesias, integrante dos Xenerais de Couso falou en nome de todas as asociacións de Xenerais deste amplo territorio entre Pontevedra e A Coruña. Tomou o relevo Manuel Brey, tamén membro da asociación. A súa intervención estivo centrada na presentación do Coro de Bonitos, parte importante desta tradición que estivo exemplificada durante a presentación por integrantes do coro que se recuperou nesta parroquia.
Merelles salientou que estas festas son mostra «do sentir máis arraigado do noso pobo», no que figuras tradicionais coma os Xenerais do Ulla ou os Correos a cabalo «dan conta dunha tradición e unha cultura que ten entre as xentes a súa exaltación máis viva e xenuína».
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- En directo | El temporal Martinho sacude ya Galicia
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El parque natural y gratuito lleno de animales, tirolinas y paseos para desconectar con toda la familia a media hora de Vigo
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas