O PP critica a «discriminación» do Goberno a Deza e Tabeirós
Cifra en 100 millóns de euros a débeda no SAF | O bloqueo de Transportes e unha sede da Axencia Tributaria, entre as eivas

Xuntanza de deputados e senadores do PP, onte, na sede dos populares de Lalín.
REDACCIÓN
O PP Provincial, encabezado polo presidente, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, celebrou onte unha reunión de traballo dos deputados nacionais e senadores do partido, co alcalde José Crespo como anfitrión, cos rexedores, voceiros e concelleiros das bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes na que se criticou e denunciou o «castigo e discriminación» do Goberno de España cara esta contorna rural e de interior con fortes investimentos pendentes en materia de estradas, dependencia, vivenda, seguridade e ou sector primario.
«Todo o mundo sabe que o PSOE nunca foi un partido de ter querencia algunha polo rural, pero no caso de Galicia e da provincia de Pontevedra, o seu abandono é total e absoluto, posiblemente porque non lle gusta o cada vez máis escaso apoio que ten e porque as súas hipotecas para permanecer ao fronte do Goberno de España están noutros territorios, pero nunca en Galicia, que está máis maltratada que nunca por ningún goberno central nos case 50 anos de democracia», lamentou o presidente da Deputación.
A reunión contou coa presenza dos deputados Pedro Puy, Irene Garrido e Juan Bayón e polos senadores José Crespo e Nidia Arévalo, que escoitaron e recolleron as necesidades dos oito concellos que dependen do Estado co obxectivo de trasladalas as dúas cámaras en Madrid «para facer forza e que, tarde ou temprano, por moito insistir, acaben sendo unha realidade aínda que sexa con moito retraso porque levamos case sete anos perdidos e de desamparo», suliñaron ambos.
Entre as principais eivas do Goberno para o PP nas bisbarras figuran a insuficiente transferencia de fondos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a atención da dependencia, «xa que o Estado nunca cumpríu coa transferencia do 50% dos cartos aos que está obrigado pola Lei de Dependencia aprobada por José Luis Rodríguez Zapatero», e o pésimo e perigoso das tres estradas nacionais que cruzan ao longo de 125,5 quilómetros cheos de grandes fochancas, fendas, falta de visibilidade, nula sinalización horizontal e ausencia dun mantemento axeitado.
«O Goberno do PSOE ten unha débeda e un déficit de investimento na nosa zona de alomenos 100 millóns de euros, 58 millóns correspondente á dependencia que tivemos que poñer os concellos e os usuarios a través dos seus impostos en todos estes anos, e entre 40 e 50 millóns de custe estimado para a modernización integral da N-525, N-640 e N-541, que dan absoluta pena, con algún treito como o de Lalín-Agolada que é un auténtico perigo, e que non nos esquezamos que son as principais vías de comunicación das nosas comarcas con máis de 18.000 usuarios por día», significou Crespo. Neste senso, o rexedor lalinense tamén lamentou a falta de bonificacións hoxe en día da autoestrada AP-53 malia os constantes anuncios publicitarios «e que se trata da vía de alta capacidade cos treitos por quilómetro máis altos de España tras subir un 54% en vinte anos e que o percorrido ida e volta entre Lalín e Santiago alcance a inasumible cifra de 14 euros». Tamén lamentou, no mesmo eido das infraestruturas, os constantes atrancos e «imposibles esixencias» do Ministerio de Transportes nas inmediacións das súas estradas e demais equipamentos para o desenvolvemento de actuacións fundamentais para as bisbarras e, paralelamente, criticou o «pasotismo» do Goberno de Sánchez coa necesaria instalación dunha sede da Axencia Tributaria en Lalín para toda a comarca do Deza que evitase que os cidadáns tivesen que facer desprazamentos de entre 30 e 60 minutos ata A Estrada para estas xestións.
Facenda e autoestrada
Así mesmo, os populares de Pontevedra tamén lamentaron os constantes recurtes gubernamenais aplicados nestes concellos en servizos básicos e de primeira necesidade para os veciños pola tipoloxía da zona, en referenza á diminución de axentes e de atención horaria nos cuarteis da Garda Civil ou á supresión das paradas de autocar nas conexións interautonómicas nos concellos de Lalín, Silleda e Forcarei.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- Ramiro González: «Arramplaron con todo, hasta con los recuerdos»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Octogenarios vigueses, «tirados» en Pontevedra de madrugada por el Imserso: «A esas horas no hay ni trenes ni buses para trasladarse»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Cándido Pardo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Los acusados de boicotear a un hipermercado de Vigo por vender productos israelíes: «Lo volveríamos a hacer»