180 quilos de landras e castañas
A matanza do porco é un dos traballos que, aínda que van a menos, se mantén nalgunhas casas das aldeas de Galicia e de España. Na vixésimo quinta edición da Matanza Tradicional do Porco organizada polo Concello de Lalín será sacrificado un animal de 180 quilos criado con landras e castañas.

Antonio Fernández, José Cuñarro e Celso Toimil ollan o exemplar que será sacrificado o día 16. / FdV
O concelleiro de Festas de Lalín, José Cuñarro, e mailo pedáneo da parroquia de Catasós, Antonio Fernández Fernández, que están a ultimar, da man da veciñanza desta parroquia, os preparativos da XXV Matanza Tradicional do Porco. Nestes días desprazáronse ata a explotación do criador de porco celta e lalaíno Celso Toimil, situada no lugar de Ateán, na parroquia de Botos, para comprobar o estado do exemplar ao redor do que xirará a recreación deste evento identitario que se desenvolverá o vindeiro domingo 16 na Casa de Amorín, no lugar de Antuín (Catasós). Trátase dun porco lalaíno, de 14 meses, fillo de nai celta e pai Duroc, explica o produtor.
O pedáneo avanza, respecto da celebración deste evento etnográfico, que «se vai recrear a matanza como se fai todos os anos coa novidade de que por primeira vez este ano imos ter matachina en vez de matachín». Segundo Antonio Fernánde, está a parroquia totalmente implicada na preparación desta celebración tradicional e ao mesmo tempo adianta que «vai haber recreación de oficios: de calceta, de ganchillo, tapicería, palillería, afiadores..., un pouco as tradicións da aldea». Tamén haberá un forno cocendo pan.
Cuñarro, pola súa parte, fai fincapé en que a ,matanza «era unha das celebracións máis importantes que tiñamos no interior de Galicia e na bisbarra de Deza, pois significaba ter garantido o sustento para todo o ano; da matanza e da seitura era do que as familias vivían todo o ano: os chourizos, os xamóns, os lacóns, o touciño...». O concelleiro manifesta que á parte desa demostración de oficios en Catasós vai haber degustación de produtos típicos da matanza. Ao respecto o representante veciñal concreta que haberá degustación de produtos típicos do porco, empanada e sobremesas caseiras realizadas polas veciñas da parroquia.
Cuñarro afirma que «quédanos que veña un bo día, que polo menos non nos chova» e explica que haberá unha carpa onde o local social que será onde se fai a degustación dos produtos; a menos de 200 metros está a casa; haberá aparcadoiros debidamente sinalizados tanto pola asociación de veciños de Catasós que leva o peso da matanza como desde Emerxencias Lalín, que poñerá todos os medios para poder ter uns aparcamentos dignos.
O edil convida a «lalinenses e visitantes» que se acheguen a Catasós o día 16 desfrutar da Matanza Tradicional do Porco e agradece á parroquia de Catasós, ao pedáneo, á asociación de veciños, á comisión de festas e á familia que cede a casa, pola súa implicación «xa que están a traballar moito para que todo saia adiante». «Desde o Concello, o goberno estamos a traballar no que nos toca para que sexa unha boa matanza», indica. Por último, Cuñarro tamén lle agradece ao criador Celso Toimil, «porque é difícil atopar cada ano un exemplar que cumpra cos requisitos de ser un porco como os de antano, que pese máis de 180 quilogramos e que teña máis dun ano de vida, e que sexa criado fóra, alimentado con landras e de castañas, produtos típicos do noso rural», destacou na súa visita o representante do grupo de goberno encargado de coordenar este evento.
Actuacións musicais
Durante toda a recreación da matanza van estar amenizando o evento Os Dezas de Moneixas durante a mañá e despois da degustación estará o dúo Dilema animando a tarde.

A concelleira Paz Pérez (esquerda) visitou a exposición. / FdV
Mostra sobre o Cocido na biblioteca
A biblioteca municipal Vareja Jácome promove unha exposición adicada á 57 Feira do Cocido e ao Entroido, na que non falta decoración clásica destas celebracións como porquiños, caretas, refráns o receitas gastronómicas. Os usuarios da instalación tamén poden atopar libros sobre o Cocido ou sobre distintas celebracións do Entroido en Galicia, así ccomo cómics ou publicacións para a cativada con esta temática. A concelleira de Cultura, Paz Pérez, achegouse onte a ver a mencionada mostra.
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- No es Cudillero, pero casi: el pueblo marinero más bonito de España está en Galicia y no, no es Combarro
- La magistrada con el mayor escalafón de Galicia, la primera jueza que ejerció en Vigo, se acerca a la jubilación
- Familias de víctimas del franquismo urgen al fiscal general a «revertir la infamia» de los miles de desaparecidos que siguen en fosas y cunetas
- Una asesora financiera recomienda no heredar la casa de tus padres: 'Es una manera de ahorrar impuestos
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Rescatan a un hombre en evidente estado de hipotermia tendido en una calle de Barbadás