Marzo é teatro en Silleda: sete obras en diferentes escenarios
Isabel Risco abre a programación con ‘Bravas’ o día 9
Hai tres actuacións de pago, con bonos á venda desde a vindeira semana

Isabel Risco en ‘Bravas’ en Lalín. / Bernabé
O Concello de Silleda organiza o vindeiro mes de marzo un ciclo de teatro con diferentes propostas para todos os públicos. Ademais de dúas actuacións incluídas no programa Máis Escénicas da Deputación, dende a Concellería de Cultura prográmanse outras cinco en diferentes espazos.
A primeira das citas será o domingo 9 de marzo, coa obra «Bravas», protagonizada pola coñecida actriz Isabel Risco. Será a partir das 19 horas no auditorio municipal Manuel Dopazo, da Bandeira, con entrada de balde. Forma parte dos actos do Día da Muller.
O venres 14 de marzo chega a obra «Wombo Combo», de Galeatro, unha representación á que están convidados todos os centros educativos e que aborda a deriva virtual, en detrimento da presencial, na que se atopa a sociedade actual. A cita con este proxecto didáctico será no auditorio da Semana Verde ás 12:30 horas. Nesa fin de semana, o domingo 16, chega ao salón parroquial Santa Eulalia a comedia «Monstros», de Excéntricas, para toda a familia, con textos de Lucía Aldao e María Lado, na que interveñen Vítor Mosqueira, Patricia Vázquez, Piti Sanz e Rocío González.
Ao centro cultural Vista Alegre chegará o sábado 22 «A máquina do tempo», de Teatro Ghazafelhos, tamén o público familiar. E domingo 23 a compañía Amorodio Teatro leva ao auditorio Manuel Dopazo a comedia «Cortello de Amor», na que se aborda entre outros a problemática da vivenda.
O ciclo Silleda Teatro remata na última fin de semana de marzo con doble representación no salón parroquial da capital: o sábado 29 será a quenda de «Máis Sabor!», con Fran Rei e Félix Rodríguez; e o domingo 30, Ibuprofeno Teatro representará «Deadpan Karaoke», comedia protagonizada por Marián Bañobre.
Da sete actuacións, tres son de pago: «Monstros», «Cortello de Amor» e «Deadpan Karaoke». Para facilitar a asistencia, tamén se poñerán á venda nos vindeiros días bonos para ver as tres funcións, a un prezo de 15 euros para as tres. O custe da entrada para ver estas tres obras por separado será de 10 euros.
A concelleira de Cultura, Mónica González Conde agradece a colaboración da Deputación de Pontevedra, da Fundación Semana Verde, da Asociación Sociocultural Vista Alegre e da parroquia de Santa Eulalia. E subliña que «nos últimos anos se ten apostado polo teatro dentro da programación anual, se ben se decide agora concentrar no mes do teatro estas propostas para fomentar a participación e a dinamización social». Nos vindeiros días, a través das redes sociais irase promocionando a programación con máis detalles sobre os distintos espectáculos.
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Mediaset emite un comunicado sobre el futuro de 'Reacción en cadena' en Telecinco
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Cinco santuarios de vértigo que quitan el hipo en el norte de Portugal
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- Cuatro años de cárcel para una mujer por abusar de un menor en Ourense: le pidió que mantuvieran la relación en secreto